O venres 18 de maio, visitamos Apípolis, situado en Xeve.
Subimos ao autobús en Leiro, dispostos a pasar un día divertido e para aprender moito sobre as abellas.

Atentos a todo o que iamos vendo polo camiño.
Despois de este paseo ata Xeve, chegamos a Apípolis.
Despois fixemos os grupos para empezar as actividades.
Nunha das actividades, os nenos e nenas puxeron o traxe de abelleiros para ir ás colmeas a visitar as abellas e ver como están nos favos facendo o mel.
Mirade que guapos están estes nenos e nenas vestidos de abelleiros.
 |
PREPARADOS PARA ATENDER COMO COMPORTARSE, CANDO ENTREMOS XUNTO AS ABELLAS. |
|
|
|
Xa temos o traxe, as luvas, pero falta poñer algo nesas cabeciñas para
que as abellas non cheguen a elas.
Agora xa estamos preparados para entrar. Así non tivemos picaduras. Superprotexidos.
Outro grupo foi facer galletas de mel. Que bos cociñeiros son!!