lunes, 4 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O pasado xoves 30 de Abril, celebramos na sede do Cra de Ribadumia "Os Maios". O alumnado trouxo coa axuda da súas familias, fiuncho, flores, cartuchos, ovos, laranxas ... Con todos estes elementos a profe Ana e a profe Ángeles fixeron un maio fermosísimo.


Despois da chegada cada aula foi a un obradoiro diferente. Aquí podedes ver que ben o pasaron os vosos fillos/as e como colaboraron na realización do maio.

                                 

Coser, coser.... e ao rematar de das puntadas, toca asearse e degustar unha riquísima merenda que trouxeron as familias dos nenos/as de 5 anos.

                          

Agora, coa barriguiña farta seguimos nos obradoiros, de plastica e contos.

                                  

Xa rematamos cos obradoiros e agora fomos cantarlle a canción ao Maio.

Levántate maio,                         Aí ven o maio,
que tanto durmiches,                  cargado de flores
pasou o inverno                         aí ven San Xoán,
e non o sentiches.                       que trae as mellores.

......
A cantiga ao maio rematou, pero soa unha música galega fóra do CRA. A mamá de Uriel aparece pola porta acompañada doutros músicos para agasallarnos con muiñeiras e outras pezas de música tradicional coas que cantamos e bailamos durante a mañán.

                                  


Para rematar, coma en todas as celebracións, darlle as grazas ás familias, aos docentes e sobre todos ao noso alumnado por toda a axuda prestada.







SAÍDA A PONTEVEDRA

 O venres 24 de Abril viaxamos ata Pontevedra, a unha actividade musical "A nena e o grilo no país das apertas" e a unha exposición de arte.


Que contentos estamos,
 a punto de saír ....







 Cancións, xogos, vídeos... amenizaron esta viaxe.


        






Estamos preparados para que comece o musical.
Apáganse as luces....



Despois de ver este conto musicalizado. Temos que cargar forzas para o resto da mañán.





Despois de merendar, temos que practicar o gravado en obras de PICASSO.










Con acetato, rotuladores
e folio. Pintar no acetato, dar
a volta e apretar......








A continuación, acudimos á exposición de pintores como PICASSO, MIRÓ ...



DIA DO LIBRO

Este mes de abril, o día  celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Este ano chegaron as escolas uns contacontos moi especias: a profe montse, o profe Jose e a profe Rosana.

Para a través do teatro, a música e a creatividade contarnos dous contos: "Os músicos de Bremen" e "A cebra Camila".

Primeiro apareceu un cabaleiro.


Este cabaleiro, viña cargado de contos.



OS MÚSICOS DE BREMEN


















                 






    Todos atentos, que divertido; agora ven a Cebra Camila....



 

Cantas historias, que divertido, menuda homenaxe a todos os nosos amigos os contos e libros ....



Estes estupendos contacontos traían un agasallo moi especial para cada neno/a. 


UN MARCAPÁXINAS