lunes, 4 de mayo de 2015

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O pasado xoves 30 de Abril, celebramos na sede do Cra de Ribadumia "Os Maios". O alumnado trouxo coa axuda da súas familias, fiuncho, flores, cartuchos, ovos, laranxas ... Con todos estes elementos a profe Ana e a profe Ángeles fixeron un maio fermosísimo.


Despois da chegada cada aula foi a un obradoiro diferente. Aquí podedes ver que ben o pasaron os vosos fillos/as e como colaboraron na realización do maio.

                                 

Coser, coser.... e ao rematar de das puntadas, toca asearse e degustar unha riquísima merenda que trouxeron as familias dos nenos/as de 5 anos.

                          

Agora, coa barriguiña farta seguimos nos obradoiros, de plastica e contos.

                                  

Xa rematamos cos obradoiros e agora fomos cantarlle a canción ao Maio.

Levántate maio,                         Aí ven o maio,
que tanto durmiches,                  cargado de flores
pasou o inverno                         aí ven San Xoán,
e non o sentiches.                       que trae as mellores.

......
A cantiga ao maio rematou, pero soa unha música galega fóra do CRA. A mamá de Uriel aparece pola porta acompañada doutros músicos para agasallarnos con muiñeiras e outras pezas de música tradicional coas que cantamos e bailamos durante a mañán.

                                  


Para rematar, coma en todas as celebracións, darlle as grazas ás familias, aos docentes e sobre todos ao noso alumnado por toda a axuda prestada.







No hay comentarios:

Publicar un comentario