lunes, 17 de octubre de 2016

SAÍDA AO GROVE

Hoxe o noso alumnado de 4 e 5 anos visitou o Grove.







En primeiro lugar foron ao porto de Meloxo no Grove; alí comprobaron como son as nasas, as redes, os barcos bateeiros, como é un polbo recién capturado, como son os barcos de pesca...





Así como a fauna existente no porto e onde se reparan os barcos.






A continuación, visitamos o Museo de Salazón.





Primeiro visitamos os píos onde antigamente se salgaban as sardiñas  (con auga salgada e moito máis sal)


Despois quitábanas da salgadura e ían as prensas onde as mulleres as prensaban.



Resultado de imaxes para prensas de salazon o grove









Ao rematar de visitar a parte baixa do Museo, xa tocou repoñer forzas, cunha rica merenda.
                                                                                                                       
Resultado de imaxes para museo de salazón do grove
MUSEO


















Resultado de imaxes para museo de salazón do grove

Resultado de imaxes para museo de salazón do grove






Despois de merendar sortearon 3 camisetas e déronlle gorras ao todos os participantes.
Para rematar esta estupenda mañá, visitaron o Acuario. No cal descubriron múltiples especies mariñas.
       

domingo, 16 de octubre de 2016

VISITA DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA

O 30 de setembro tivemos unha visita moi especial, a Banda de Música Municipal de Ribadumia. Varios integrantes agasalláronnos con xogos musicais e cancións infantiles divertidas.


Teñen páxina web na cal os podedes coñecer mellor se queredes que os vosos fillos/as participen nas súas actividades de música. Dende os 3 anos.

O enlace está AQUI

CUMPREANOS DE SETEMBRO

O último mércores de setembro tivemos unha celebración moi especial no cole, puxémonos de festa. Dúas das nosas alumnas estiveron de cumple.
Aquí podedes ver que boas reposteiras son e tamén o ven que o pasamos.








EXPERIMENTAMOS COAS TICS

Descubrindo xogos e actividades na pizarra dixital. Atentos todos, onde estarán as parellas agochadas?.


CORES E FORMAS

Esta semana experimentamos coas formas e cores, con pintura e gomets.



O OUTONO

Un ano máis xa estamos no outono, con el as cores marróns, laranxas e limóns.
Que bonito quedou o mural.
Cogumelos, caracois, castañas, landras...

CANCIÓN:

O Outono que bonito é,
as follas das árbores, comezar a caer
colores marróns, laranxas e limóns
que bonito é 
o Outono outra vez.