O pasado 28 de Outubro celebramos no Local Social de Leiro a chegada do Outono, coa festa do Magosto e Samaín.
Fixemos un obradoiro para decorar cucuruchos nos que despois levaron as castañas o alumnado.
Despois chegou o momento de disfrutar do obradoiro de "O sabor da aventura está no Mar"
Ao rematar xa tocaba repoñer forzas coa deliciosa merenda que trouxeron para compartir as familias e ver a exposición de calacús.
 |
Rica merenda. |
O noso centro hoxe tamén estivo cheo de bruxas e ata Franki veu de visita.
 |
Cantos conxuros fixo a Bruxa Ermelinda |
Tamén disfrutamos coa actuación do alumnado coa "Momia de cores" coa colaboración da mestra de música.
E para rematar este gran día, tamén disfrutamos da actuación da Banda de Música Municipal de Ribadumia, con divertidas cancións infantís para o noso alumnado.
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración, para que esta labor educativa sexa posible.
Podedes ver todalas fotografías na web do centro.
Preme AQUÍ