O 20 de Abril celebramos nas escolas o Día do Libro, este ano tivemos a visita de Montse e Jose que cociñaron contos para o alumnado do C.R.A.
Tamén recibimos unha visita moi especial. As mamás da ANPA trouxéronnos un agasallo para o centro e unha pranta para cada neno e nena.
Na escola de Ribadumia recibimos a visita de Lucía, unha mariscadora que nos ensinou moitísimo sobre a vida, características dos bivalvos, moluscos, ... que podemos atopar no mar. Con que ferramentas traballan...
O 22 de Abril desprazámonos ata a Afundación en Pontevedra para poder disfrutar da actividade musical de Mamá Cabra co seu espectáculo "15 Primaveras".
Despois de merendar cruzamos a rúa ata o CAFÉ MODERNO, no que a través dunha visita e un obradoiro "Arquitecturas Emocionais" o alumnado experimentou con diferentes materiais e texturas.
Este mes de Abril desprazámonos ata o Pazo da Cultura en Pontevedra realizando unha visita pedagóxica na que disfrutamos dun contacontos, vimos os traballos presentados na exposición deste ano Canta Bichería!!.
Este curso estamos facendo moito fincapé na alimentación. Por iso, todos os alimentos son importantes pero entre eles imos resaltar os BOCATAS. No noso centro o MARTES todos os nenos e nenas deben traer esta merenda. Adoitan variar de semana a semana.