O martes 31 de outubro celebramos na sede do C.R.A. en Leiro o Samaín e magosto.
Dende o comezo da xornada; vampiros, bruxas, monstros... elaboramos diversos obradoiros. Ao remate dos mesmos todos na compaña das familias degustaron unha rica merenda terrorífica de Samaín.
Despois dun merecido descanso, tivemos a visita de Heitor Picallo. Este escritor e ilustrador explicounos como realizou o libro "Tilirín e a mitoloxía", así coma con que materiais se pode ilustrar.
Ao remate desta actividade, chegou unha visita ao noso cole. Acompañada de pócemas e música tenebrosa fixo a súa aparición HERMELINDA (a bruxa que crea pócemas para facernos máis guapos e guapas).
Como última actividade desta trepidante mañá, todo o alumnado do C.R.A. acompañados da mestra de música agasalláronnos cunha divertida actuación.
Durante toda esta xornada varias familias estiveron asando as castañas do magosto que ao remate da mesma degustaron.