miércoles, 7 de febrero de 2018

O MECO MANDA

O luns o Meco manda: "Traer algo na cabeza".

Gorros, perrucas, diademas, lazos... en entroido só temos que deixar fluír a imaxinación.

SAÍDA A CAMBADOS "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

O venres 2 de febreiro o alumnado de 4 e 5 anos desprazáronse ata Cambados para traballar coas mariscadoras (recollendo marisco, visitando a lonxa,...).
Alí durante toda a mañá descubriron moitos seres vivos e inertes existentes na praia e no mar, despois degustaron unha merenda mariñeira e visitaron a lonxa para ver o seu funcionamento.                                                                           


O alumnado de 3 anos realizou actividades conxuntas sobre os peixes a través de diferentes xogos.







CUMPREANOS DE XANEIRO

Este mes de Xaneiro, Luana cumpriu un ano máis; xa ten 5 anos.

Para celebralo elaborou unha deliciosa torta de chocolate e galleta, coa que deleitou a toda a escola de Ribadumia, tampouco faltaron outras lambetadas coma: gusanitos, patacas fritas,...




DIA DA ILUSTRACIÓN

O martes 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, este curso no noso centro educativo traballamos coas ilustración dun célebre ilustrador galego "Oscar Villán". El ilustra moitos dos contos que lles gustan ao noso alumnado.
Nós adicamos este día a este ilustrador. Traballamos contos coma: 
- Limón.        - Zapato.         - Piñeiro.          - Veo Veo.
- Lúa.            - O Coelliño Branco                - A Cebra Camila.

Entre moitos outros.

VOLUNTARIADO MIÚDO

O pasado mes de decembro, asistimos á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para a presentación da Guía sobre voluntariado dos Bolechas.
Durante este tempo estivemos traballando no voluntariado dende o nosas aulas: recollendo tapóns, xoguetes, roupa...

Hai alumnado da escola que colaboran xunto coas súas familias en Solidaridade co Sahara.... e quixemos repartir as guías e os carnets de voluntarios e voluntarias para as casas e proseguir con esta labor nas súas casas cos seus proxenitores.


Axudar é moi divertido e sobre todo necesario.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro, celebramos nas aulas o Día da Paz (da non violencia). Durante toda a semana o alumnado realizou diferentes actividades relacionadas con este tema.


Estas semanas disfrutamos da canción "Las vocales de la Paz".


EMOCIÓNS COA FUNDACIÓN MENIÑOS

Durante este curso, traballamos as emocións, os sentimentos, a autoestima... a través da Fundación Meniños. 

O dragón enfadouse moito, moito e ocurríronlle moitas situacións novas por non saber controlar as súas emocións.

O alumnado da nosa aula, elaborou a estrela do seu estado anímico e reflexionamos sobre as emocións negativas e como resolvelas.