miércoles, 7 de febrero de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día de hoxe realizamos en Leiro unha xornada educativa moi especial, grazas á colaboración do CSIC e da conserveira CERMAR.

Desenvolvéronse varios obradoiros ao longo de toda a mañá.

Obradoiro "A ciencia a pé de praia" con Luísa Martínez, científica do Instituto de Investigacións Mariñas.

Nel o alumnado tocou, veu, uliu os seres vivos, inertes, lixo e curiosidades que poden habitar no mar e praias.
                                                                                                



Resultado de imaxes para nacimiento de un tiburón gallegoOvos de Tiburón Galego

Temos que ter coidado con deixar olvidado na praia xoguetes, prendas de roupa, envoltorios... aínda que pasen moitos moitos anos seguirán facéndolle dano á fauna marina.

Obradoiro "A ciencia levámola dentro" con Nieves do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG).
Neste obradoiro, descubrimos como estudian as especies das plantas, como xerminan e medran plantas novas, a importancia do estudo das mesmas... como se alimentan, as follas, os froitos das árbores, a cortiza...


Obradoiro de peixe. Dende a conserveira CERMAR actividade centrada na importancia de comer peixe, como se elaboran as conservas en xeral e máis concretamente o Atún.
Esta conserveira creou un producto "Pequetún" para nenos e nenas (conserva de atún para os máis pequenos).
Tamén realizaron unha unidade didáctica sobre os peixes e conservas.

Obradoiro de plástica: Creación dun TAUMATROPO.
Realizamos un Taumatro de peixe, é unha ilusión óptica.
Tendo unha imaxe por cada lado do círculo co movemento unha imaxe superpón a outra tendo a sensación de movemento.




O MECO MANDA O MÉRCORES

Chegou o mércores, o Meco manda: " Traer a cara pintada".


Bigotes, guepardos, gatos, bolboretas, xoaniñas.... quen son adiviña, adiviña....

ORDE DO MECO PARA O MARTES

O martes o Meco manda: " Traer un calcetín de cada color por fóra do pantalón".


Os calcetíns foron os protagonistas para este día. Altos, baixos, de raias, círculos....

O MECO MANDA

O luns o Meco manda: "Traer algo na cabeza".

Gorros, perrucas, diademas, lazos... en entroido só temos que deixar fluír a imaxinación.

SAÍDA A CAMBADOS "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"

O venres 2 de febreiro o alumnado de 4 e 5 anos desprazáronse ata Cambados para traballar coas mariscadoras (recollendo marisco, visitando a lonxa,...).
Alí durante toda a mañá descubriron moitos seres vivos e inertes existentes na praia e no mar, despois degustaron unha merenda mariñeira e visitaron a lonxa para ver o seu funcionamento.                                                                           


O alumnado de 3 anos realizou actividades conxuntas sobre os peixes a través de diferentes xogos.







CUMPREANOS DE XANEIRO

Este mes de Xaneiro, Luana cumpriu un ano máis; xa ten 5 anos.

Para celebralo elaborou unha deliciosa torta de chocolate e galleta, coa que deleitou a toda a escola de Ribadumia, tampouco faltaron outras lambetadas coma: gusanitos, patacas fritas,...




DIA DA ILUSTRACIÓN

O martes 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, este curso no noso centro educativo traballamos coas ilustración dun célebre ilustrador galego "Oscar Villán". El ilustra moitos dos contos que lles gustan ao noso alumnado.
Nós adicamos este día a este ilustrador. Traballamos contos coma: 
- Limón.        - Zapato.         - Piñeiro.          - Veo Veo.
- Lúa.            - O Coelliño Branco                - A Cebra Camila.

Entre moitos outros.