martes, 13 de febrero de 2018

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O día 9 de febreiro no Auditorio de Ribadumia, celebramos o ENTROIDO.
Comezamos a xornada cun obradoiro de "O sabor da aventura está no mar", nesta ocasión estivo centrado na pirámide alimenticia e na limpeza e reciclaxe dos materiais para que non acaben no mar.



Ademaís de estes obradoiro, antes da merenda fixeron un antiface e un obradoiro de contos, contiños.




Despois de tanto traballar, xa toca repoñer folgos por iso despois de chegar as familias disfrutamos dunha deliciosa merenda.


Agora queda o máis divertido, disfrazarse.


UNHA VEZ MÁIS DARLLE AS GRAZAS A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.R.A. DE RIBADUMIA para que esta celebración fose posible.

Se queredes ver máis fotos desta celebración podedes pinchar AQUÍ

jueves, 8 de febrero de 2018

EMOCIÓNS

Na aula durante todo o curso escolar todo o alumnado se relaciona e nalgún momento presentan diferencias.
Dende a infancia debemos buscar recursos, actividades, argumentos para dialogar e non rifar, nin pelexar. 
Nesta actividade buscamos que podemos facer para non pelexar ante un problema ou ideas e gustos contrarios.

O MECO MANDA O XOVES

O xoves o Meco manda traer a roupa estampada e colorida.
Dende primeira hora, cores, flores, círculos, liñas,.... inundaron as nosas aulas da man do alumnado e profesorado.

EMOCIÓNS


O ser humano manifesta múltiples emocións: contento, triste, enfadado, asustado.... a través do conto "Monstruo de Colores" na aula queremos mostrarllas e axudarlle a recoñecer como se atopan e porqué.


miércoles, 7 de febrero de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día de hoxe realizamos en Leiro unha xornada educativa moi especial, grazas á colaboración do CSIC e da conserveira CERMAR.

Desenvolvéronse varios obradoiros ao longo de toda a mañá.

Obradoiro "A ciencia a pé de praia" con Luísa Martínez, científica do Instituto de Investigacións Mariñas.

Nel o alumnado tocou, veu, uliu os seres vivos, inertes, lixo e curiosidades que poden habitar no mar e praias.
                                                                                                



Resultado de imaxes para nacimiento de un tiburón gallegoOvos de Tiburón Galego

Temos que ter coidado con deixar olvidado na praia xoguetes, prendas de roupa, envoltorios... aínda que pasen moitos moitos anos seguirán facéndolle dano á fauna marina.

Obradoiro "A ciencia levámola dentro" con Nieves do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG).
Neste obradoiro, descubrimos como estudian as especies das plantas, como xerminan e medran plantas novas, a importancia do estudo das mesmas... como se alimentan, as follas, os froitos das árbores, a cortiza...


Obradoiro de peixe. Dende a conserveira CERMAR actividade centrada na importancia de comer peixe, como se elaboran as conservas en xeral e máis concretamente o Atún.
Esta conserveira creou un producto "Pequetún" para nenos e nenas (conserva de atún para os máis pequenos).
Tamén realizaron unha unidade didáctica sobre os peixes e conservas.

Obradoiro de plástica: Creación dun TAUMATROPO.
Realizamos un Taumatro de peixe, é unha ilusión óptica.
Tendo unha imaxe por cada lado do círculo co movemento unha imaxe superpón a outra tendo a sensación de movemento.




O MECO MANDA O MÉRCORES

Chegou o mércores, o Meco manda: " Traer a cara pintada".


Bigotes, guepardos, gatos, bolboretas, xoaniñas.... quen son adiviña, adiviña....

ORDE DO MECO PARA O MARTES

O martes o Meco manda: " Traer un calcetín de cada color por fóra do pantalón".


Os calcetíns foron os protagonistas para este día. Altos, baixos, de raias, círculos....