viernes, 9 de marzo de 2018

EMOCIÓNS

Sentimentos: Temor e calma.
Xogamos con eses dous monstros de cores e descubrimos que tranquiliza ou amedrenta ao noso alumnado.



8 DE MARZO DÍA DA MULLER.

O 8 de marzo realizamos varias tarefas sobre a igualdade, as profesións.... a través de varios contos.
Na nosa aula non hai distinción de xogar por sexos, tampouco escollen os xogos e xoguetes por sexos. Pero non debemos baixar a garda e seguir traballando a igualdade entre homes e mulleres e lograr vencer as discriminacións por razóns sexistas.


miércoles, 28 de febrero de 2018

MERENDA SAUDABLES

Na escola de Ribadumia, cada día tráese merenda variada:
Luns, lácteos; Martes, Bocadillo, Mércores, froita; Xoves, galletas e venres calquera das merendas anteriores.
Pero o noso alumnado tamén tivo que escoller que podía merendar o máis saudable posible se tivera que ir facela compra.

CUMPREANOS DE FEBREIRO

No mes de febreiro, Beltrán fíxose un pouco máis maior. Está de cumpreanos, fixo 4 anos.

Realizou unha torta moi rica para celebralo con tódolos seus compañeiros.




martes, 27 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

O 24 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro, escritora e poetísima célebre da nosa terra.
Na nosa escola tamén o quixemos celebrar esta conmemoración, facendo un mural do que significa para nós Rosalía.

Tamén realizamos un mural dunha poesía de Rosalía sobre o mar.


viernes, 23 de febrero de 2018

II CONCURSO DA CAMELIA

No Concello de Ribadumia, por segundo ano consecutivo, celebrase o  Concurso Artistico da Camelia.
O noso alumnado tamén diseñou e elaborou as súas produccións artísticas.

Fermosas camelias.

martes, 13 de febrero de 2018

EMOCIÓNS NA AULA

O ser humano está formado por emocións, habitualmente na aula o noso alumnado tamén manifesta múltiples estados de ánimo, sensacións...
Por iso, imos traballar o "como nos sentimos" e porqué...