lunes, 23 de abril de 2018

VISITA DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

O pasado 19 de abril tamén recibimos unha visita especial dende o Refuxio de Animais de Cambados.
Ese día as familias e alumnado acercaron ao centro alimentos, obxectos de hixiene.... que  necesitan para o Refuxio.

Na primeira hora da mañán o alumnado realizou un marcapáxinas relacionado cos cans.
Durante este curso inmersos no Voluntariado Miúdo aprendemos moitas cousas.
Despois do patio chegaron uns amigos especiais do Refuxio.



PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O pasado xoves 19 de abril o alumnado realizou en Leiro o obradorio de Ponlle as pilas ao teu bocata, coa colaboración da Consellería do Mar.

Na primeira parte coñecen os beneficios de comer peixe e máis concretamente conservas. 

Despois elaboran o seu propio bocata, pode ser de sardiña, choco, mexillóns, atún, aceitunas, leituga, tomate...


Xa temos bocata, agora toca degustalo e está rico, rico, rico!!!


DIA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro. Na escola de Ribadumia tamén o celebramos porque os libros son o fundamento do noso traballo diario.
Este curso o alumnado elaborou un marcapáxinas para poder seguir lendo moito.
                                                                                                                                                                             

Dende a ANPA tamén nos agasallaron cunha pranta para cada neno/a e libros para a biblioteca.

Moitas grazas pola colaboración.

viernes, 20 de abril de 2018

CONCURSO MEJOR PERIODISTA INFANTIL Y JUVENIL

Este ano tamén participamos no Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil, da Voz de Galicia.
O noso alumnado despois de traballar elexiu unha das novas do xornal e  debuxou a noticia.


A ver se hai sorte!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

Este pasado mes de marzo presentámonos ao concurso "Deseña unha xoia para a túa nai".
Aquí vos deixamos as creacións dos nosos alumnos, aínda que non tivemos a sorte de saír elexidos.



jueves, 22 de marzo de 2018

CALDIÑO DE GLORIA

No mes de marzo celebramos o mes da poesía, e dende febreiro extendemos unha tarefa ás familias.
Comer o CALDO DE GLORIA, de Rosalía.
Aquí vos deixamos as imaxes dos alumnos que nos enviaron as fotos facendo e degustando o seu Caldo de Gloria.
Espectacular ese Caldiño de Gloria de Luana.

Beltran degustando o seu caldo

















Tamén nos enviou o seu caldiño de gloria Vera, para comelo primeiro hai que facelo. Ela fíxoo paso a paso e enviounos o seu proceso.
Menuda chef.
CARNE, UNTO


FABAS

MAIS AUGA





UN CHISQUIÑO DE SAL

O SEU CALDIÑO XA ESTÁ





A COMER!!!           

    Na casa de Mario, tamén prepararon o Caldo, con bolos do pote.

Que cociñeiros. Menuda receita.



BOLOS DO POTE



Xa está a mesa con todo preparado, só queda degustalo e recitar o poema de Rosalía de Castro.

Este caldiño de Gloria estivo completo, completo.



Ata pan de broa.




Tamén Manuel, degustou o Caldiño de Gloria.


PARABÉN FAMILIAS, alimentos saudables.















CUMPREANOS DE MARZO

En marzo dous dos nosos alumnos xa cumpriron un ano máis.
Mencía e Mario.

Entre os dous foron uns excelentes reposteiros e despois ao remate de facer a torta xa tocou celebralo.