jueves, 27 de septiembre de 2018

Unha mañá de Circo!!

Boas a todos familias!!

Hoxe vivimos una mañá moi emocionante no circo. Alí vimos paiasos, malabaristas, magos,
trapecistas, o home bala e incluso a Frozen e un transformer.



Logo da merenda, visitamos o museo do Ferrocarril e xogamos un anaco nun parque próximo.





Todos se portaron xenial e foi un día estupendo.

martes, 25 de septiembre de 2018

PRIMEIROS DÍAS DE CLASE!!

Boas a todos e a todas!!

Estes primeiros días forón duros, pero xa estamos practicamente todos adaptados. Por sorte, o bo tempo acompáñanos e podemos facer moitas actividades e xogos no patio.

Tmén tivemos tempo de traballar durante as rutinas facendo xogos como as series con cunhas e actividades individuais adaptadas as idades dos nenos e nenas.
Finalmente xogamos un ratiño nos recantos, o momento máis esperado do día!!

sábado, 30 de junio de 2018

MATERIAL COMPLEMENTARIO PARA O VINDEIRO CURSO.



CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO

O 21 de Xuño celebramos o fin de curso en Sisán.
Durante a primeira parte da mañá tivemos a colaboración de KID`S&US, para agasallarnos cun contacontos en inglés "Under the sea".



Para descansar un pouco, saímos ao patio e recobramos forzas coa rica merenda que trouxeron as familias.
As familias incorporáronse á celebración.
Agora toca comezar de novo as actividades, o mago Xocas xa está preparado no Pavillón.
Que ben o pasamos, moitas grazas á Anpa por esta actividade tan divertida e máxica.
A escola de Ribadumia participou coa canción de Mamá Cabra "A miña tía".
Despois do remate das actuacións de todas as aulas a escola de Ribadumia tíña unha bonita sorpresa, a canción de Soraya "Que bonito".

Dende setembro de 2011 estiven destinada no C.R.A. de Ribadumia, era unha etapa profesional nova para min da que hoxe teño que dicir que me fixo medrar como profesional pero sobre todo como persoa.
Grazas por esta sorpresa repleta de cariño.
Recibín un cariño e colaboración enorme de toda a comunidade educativa, dende os/as mestres/as de todos estes anos, do alumnado, das familias (moitas delas varios anos seguidos), da ANPA, do concello, de fundacións e outras institucións que colaboraron co noso centro..... que sen eles a miña labor profesional non sería a mesma.
Agora en Xuño de 2018 remata a miña etapa profesional neste marabilloso centro educativo, que tanto traballa pola ensinanza de Educación Infantil no Concello de Ribadumia.


Antes referinme a todos os mestres do C.R.A. pero en especial teño que darlle GRAZAS a Marta por aportarme tanto en estes 7 anos, á miña compañeira de todos os días, que tanto me ensinou a traballar no C.R.A. un mundo novo para min.
Esta foto é a realidade dunha escola de dúas aulas que neste momento non se sabe quen é de cada mestra nin de cada aula, somos un EQUIPO. 

Para ver máis fotos da celebración preme, AQUÍ





CUMPREANOS DE VERÁN.

No meses de verán cumprirán anos Iago e Brian, por iso quixemos celebralo todos xuntos antes de rematar a escola.

Foron uns reporteiros espectaculares.




Foi unha celebración estupenda.
Parabéns aos dous.

CONTACONTOS: LIMÓN

Na escola de Ribadumia tivemos un contacontos moi especial, coa axuda da profe Marta.
O conto de Limón (ilustrado por Óscar Villán) gustounos moito. Ademáis no seu interior está baseado nunhas froitas moi ricas.
Por iso, nos gustou moito este contacontos.


Despois de contar o conto, que facer con limón, limón; unha deliciosa limonada.

Receita:
- Zume de limón.
- Auga.
- Unha culler de azucre.
Foi unha limonada fresquiña e deliciosa rematouse rapidiño.

Pero como di o conto limón, con fresas e cereixas.
Tamén nos gustaron, en Ribadumia estes nenos comen moi sano.

jueves, 7 de junio de 2018

VOLUNTARIADO MIÚDO.

Dende o día 23 de maio no C.R.A. abrimos a campaña de recollida de roupa e calzado para os máis necesitados.