lunes, 12 de noviembre de 2018

Traballamos as emocións. O Monstruo de Cores.

Durante este curso, imos a traballar as emocións coa axuda do Monstruo de Cores. Ordeamos as emocións nos tarros correspondentes.




Clasificamos cadros en función da emoción que nos transmiten...


E cada día na Asemblea, dicimos como nos sentimos e porqué motivo.



O nome propio!!

Seguimos traballando o nome propio en 3 aniños, empregando diferentes soportes. Letras móviles, repásalo con rotuladores e logo con tiza...




Por outro lado, durante  tempo das rutinas, realizamos o Acróstico do nome do neno e nena que ese día é encargado. Estas son algún dos que fixemos.



Os nosos Medos

Boas a todos e a todas!!

Para rematar o traballo cos medos, e despois de debuxalos e conversar sobre o que eran estos para nós, decidimos gardalos nun baúl como o de "Fiz, o coleccionista de medos". Este estará aberto, para poder visualizalos, realizar futuros diálogos, reflexións e propostas para superalos.



jueves, 1 de noviembre de 2018

Samaín e Magosto

Onte celebramos na escola o Samaín e o Magoto. Foi una xornada moi divertida e todos viñemos moi guapos e guapas!!





Comezamos o día cunha charla do Seprona, onde nos explicaban como coidar o medioambiente e as labores que eles realizan para contribuír ao mesmo.


A continuación, puidemos disfrutar dun concerto da Banda Músico-Cultural de Ribadumia, que nos fixo disfrutar e bailar.





Logo pasamos a degustar as riquísimas merendas que trouxeron as familias dos nenos e nenas de 6º de Infantil.


E rematamos a xornada cunha pequena obra de teatro, protagonizada polas mestras e un baile terrorífico no que os cativos deron moito medo!!
Thriller!!!






Moitas grazas a todas as familias pola súa colaboración elaborando doces, decorando cabazas e asando castañas.





Feliz Samaín e boa ponte!!!
Bos Días Familia!!

Agracecervos moitísimo a vosa colaboración coa iniciativa La Vuelta al Cole por la Leucemia.

Grazas a vosa aportación, conseguimos recaudar 281.11 euros.



Sen vós esto non sería posible!!!

viernes, 26 de octubre de 2018

LA VUELTA AL COLE II

POR FIN CHEGOU O DÍA!! E XUNTOS CATIVOS, FAMILIAS E MESTRAS CORREMOS PARA LOITAR XUNTOS E RECAUDAR FONDOS PARA LOITAR CONTRA A LEUCEMIA!!
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA IMPLICACIÓN E POR POÑER O SEU GRAN DE AREA!!!







CUMPLEANOS DE OUTUBRO!!

BOAS TARDES FAMILIAS!!

HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLEANOS DO MES DE OUTUBRO. XULIA E LOIS CUMPLIRON 5 ANOS, E FESTEXÁMOLO CUNHA SABOROSA TARTA DE CHOCOLATE.





PARABÉN RAPARIGOS!! POR MOITOS ANOS DE VIDA!!!