martes, 20 de octubre de 2015

CHEGADA DO OUTONO


O 21 de Setembro cambiou a estación, marchou o verán para pasar ao Outono dende a aula de Ribadumia confeccionamos o mural do Outono coas súas cores representativas.

POEMAS DO OUTONO

A castaña eu ben sei que fai
cando está verde, madura
e cando está madura, CAE.


O Outono que bonito é,
as follas das árbores
comezan a caer,
colores marróns,
laranxas e limóns
...



miércoles, 14 de octubre de 2015

MURAL DOS FROITOS DO OUTONO

Elaboramos un mural sobre os froitos do Outono que probou o noso alumnado na degustación da escola.






miércoles, 7 de octubre de 2015

FROITOS DO OUTONO

Degustación de froitos de outono, ademáis da elaboración dun libro coas características de cada froito. Aproveitamos para probalos todos:
- Secos e Carnosos.


Degustamos:
- Mandarina, laranxas, uvas, granada, pera, lima, limón, kiwi, figos, freixoa, pomelo, marmelo, caqui.
- Noces, améndoas, abelás.

OBSERVAMOS E DOCUMENTÁMONOS A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS COMO SON ESES FROITOS E COMO SON AS ÁRBORES QUE AS PROPORCIONAN, ADEMÁIS DOS BENEFICIOS PARA A NOSA SAÚDE CADA UN DELES.







EXPERIMENTACIÓN E DEGUSTACIÓN













ASÍ REMATOU A NOSA DE DEGUSTACIÓN.

A ESTES NENOS E NENAS GÚSTANLLE MOITO OS FROITOS. 

jueves, 1 de octubre de 2015

CUMPREANOS SETEMBRO

No mes de Setembro tivemos de Cumple a ANDREA e NEREA, que para disfrutar dunha celebración tan especial como é cumprir un aniño máis agasalláronnos coa seguinte torta.





PARABÉNNNSSS!!!!

lunes, 6 de julio de 2015

MATERIAL PARA O VINDEIRO CURSO 2015-2016

Para facilitarvos a compra do material funxible e complementario para os vosos fillos/as para o vindeiro curso. Tendes as listas por idades na porta das escolas e tamén aquí:

MATERIAL DE MATEMÁTICAS



MATERIAL PARA 3 ANOS:


MATERIAL PARA 4ANOS:



MATERIAL PARA 5 ANOS:



FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 19 de Xuño en Sisán celebramos o festival fin de curso con tódolos nenos/as do Cra.

No pavillón de Sisán distribuimos diferentes xogos que o alumnado realizou por grupos.                


                 










  Picas, conos, colchonetas, aros, patinete ...


DIVERTIDÍSIMO!!










Para despedir o curso que mellor maneira que darlle a benvida ao VERÁN.

FELIZ VERÁN!!










Pegamento, papeis de revistas e de distintas cores fan que o mural quede espectacular.








       



Por parellas, sen axuda das mans hai que levar á pelota ata a canasta e encestar.


Parece unha labor sinxela, pero non o é. 
Aínda que os nosos pequenos deportistas si que o conseguiron.








Atención, atención foi o que precisaron para poder sentar dentro dun aro cando parou a música. 
Se quedan sin aro toca descansar.













Ao remate dos obradoiros, unha nena moi especial e a súa nai querían contar unha historia moi especial en INGLÉS, grazas á colaboración de KIDS&US.
                                                                                                



GINA Ginger, quere celebrar o seu cumpreanos.

Despois de varios impedimentos por fin pode celebralo pero, os seus amigos non poden asistir.




  




Os nenos e nenas do Cra axudan a Gina na súa celebración.




HAPPY BIRTHDAY

GINA GINGER!!!






Cando rematou este contacontos tan divertido, os membros da directiva da ANPA así coma os familiares dos nenos agasalláronnos cunha riquísima merenda, na que non faltaba de nada. MOITAS GRAZAS.

Xa collemos folgos, para converternos en grandes artistas e cantar e bailar.     
                                      A saúde é moi importante, por iso, dende as aulas de Ribadumia nos convertimos en doutores e doutoras para amañar problemas de sentimentos cantando e bailando:
 "A RUMBA
 DAS 
APERTAS"

DESEXAMOS QUE VOS GUSTARA ESTA CELEBRACIÓN QUE A MAIOR PARTE DAS FAMILIAS PUIDESTES CELEBRAR COS VOSOS NENOS/AS.

BO VERÁN!!!!