Neste mes de outubro, Xulia; cumpriu un ano máis. Celebrámolo co alumno que tamén cumpre este mes en Ribadumia B.
Elaboraron a torta de chocolate. Estes alumnos son excelentes reposteiros.
Observade que ven o pasamos.
jueves, 9 de noviembre de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas, na nosa aula ten unha biblioteca con variedade de temáticas.
Este mes dende a biblioteca do centro centramos a temática cara o Samaín; na mitoloxía. Entregándolles as familias unha guía de libros sobre esa temática.
Como recordo deste día o alumnado creou un marcapáxinas mitolóxico ( o trasno).
SEMANA DO DEPORTE
O martes 26 de setembro para celebrar a semana internacional do deporte, participamos na xornada do deporte organizada polo concello.
A primeira hora lectiva comezamos cunha actividade na biblioteca municipal: unha visita, un contacontos e facernos socios da mesma para seguir visitándoa e acceder ao préstamo dos seus libros.
Despois no auditorio realizaron un circuito de exihibición e participación de diferentes deportes.
OS TRASNOS
Durante estes meses de setembro e outubro, un dos proxectos que realizaron os alumnos foi a mitoloxía (grega, galega...).
Un ser mitolóxico da mitoloxía galega é o trasno. Descubrimos como son, os seus gustos, que trasnadas fan...
Un ser mitolóxico da mitoloxía galega é o trasno. Descubrimos como son, os seus gustos, que trasnadas fan...
CUMPREANOS DE SETEMBRO
No mes de setembro tivemos unha alumna que cumpriu un ano máis.
Nerea xunto con dous compañeiros de Ribadumia B elaboraron unha riquísima torta de chocolate.
Mirade, mirade que ben o celebrou.
Nerea xunto con dous compañeiros de Ribadumia B elaboraron unha riquísima torta de chocolate.
Mirade, mirade que ben o celebrou.
VISITA DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADUMIA
O mércores 20 de setembro a Banda Municipal de Ribadumia, visitou as diferentes escolas; durante esta actuación estivo presente: Caillou, a ovella Shaun, Doraemon.... personaxes preferidas do noso alumnado.
martes, 26 de septiembre de 2017
QUE SERÁ SERÁ...?
Na aula de Ribadumia descubrimos alimentos e xogando xogando... adiviña adiviñanza comemos saudablemente?
Dende patacas, pastas, hamburguesas... ata berenxenas, peixe, brecol....
Coñecemos o alimento, gústalles, será será saudable ou non...
Dende patacas, pastas, hamburguesas... ata berenxenas, peixe, brecol....
Coñecemos o alimento, gústalles, será será saudable ou non...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















