sábado, 15 de octubre de 2011

AS BRUXAS






Ata o Samaín, os nenos e nenas de 4 e 5 anos están participando no proxecto das bruxas: queremos coñecer como son, como visten, onde viven, ... para iso estamos a ler contos coma a "Casiña de chocolate", "Cousas de Bruxas", "Bola de Manteiga", ....
Ademais a través da plástica xa estamos elaborando bruxas e fantasmas.

TALLER DE COCIÑA: ESCOBAS DE BRUXAS

Este venres os nenos e nenas de Ribadumia elaboraron no taller de cociña unhas bonitas escobas de bruxa, cun pauciño de pan, unha loncha de queixo e un ariño de millo. Todos colaboraron e fixeron a súa, que logo con moito gusto a comeron para merendar.









¡ A COMEEEERRRR!