lunes, 23 de abril de 2018

VISITA DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

O pasado 19 de abril tamén recibimos unha visita especial dende o Refuxio de Animais de Cambados.
Ese día as familias e alumnado acercaron ao centro alimentos, obxectos de hixiene.... que  necesitan para o Refuxio.

Na primeira hora da mañán o alumnado realizou un marcapáxinas relacionado cos cans.
Durante este curso inmersos no Voluntariado Miúdo aprendemos moitas cousas.
Despois do patio chegaron uns amigos especiais do Refuxio.



PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O pasado xoves 19 de abril o alumnado realizou en Leiro o obradorio de Ponlle as pilas ao teu bocata, coa colaboración da Consellería do Mar.

Na primeira parte coñecen os beneficios de comer peixe e máis concretamente conservas. 

Despois elaboran o seu propio bocata, pode ser de sardiña, choco, mexillóns, atún, aceitunas, leituga, tomate...


Xa temos bocata, agora toca degustalo e está rico, rico, rico!!!


DIA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro. Na escola de Ribadumia tamén o celebramos porque os libros son o fundamento do noso traballo diario.
Este curso o alumnado elaborou un marcapáxinas para poder seguir lendo moito.
                                                                                                                                                                             

Dende a ANPA tamén nos agasallaron cunha pranta para cada neno/a e libros para a biblioteca.

Moitas grazas pola colaboración.

viernes, 20 de abril de 2018

CONCURSO MEJOR PERIODISTA INFANTIL Y JUVENIL

Este ano tamén participamos no Concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil, da Voz de Galicia.
O noso alumnado despois de traballar elexiu unha das novas do xornal e  debuxou a noticia.


A ver se hai sorte!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

Este pasado mes de marzo presentámonos ao concurso "Deseña unha xoia para a túa nai".
Aquí vos deixamos as creacións dos nosos alumnos, aínda que non tivemos a sorte de saír elexidos.