miércoles, 9 de enero de 2013

OBRADOIRO DE COCIÑÁ

Como Félix está en Exipto, visitou as pirámides. Alí no seu interior veu as momias, por iso, no obradoiro de cociña fixemos momias.
1º.- Córtase unha rebanda de pan de molde pola metade.
2º.- Úntase de salsa de tomate.
3º.- Córtase unha loncha de queixo en tiriñas.
4º.- Cótase o xamón cocido en dous anacos.
.- Colócase o xamón enriba do pan e o queixo por encima do xamón.
6º.- Colócanse as aceitunas simulando os ollos.

Que cociñeiros e cociñeiras hai nesta escola.

Añadir leyenda



     MOMIAS REMATADAS.
O resto das fotos estan na galeria.

CUMPREANOS DE NOVEMBRO

No mes de Novembro fixo o seu cumpreanos Sabela. Xa fixo 5 anos. Celebrouno cos seus compañeiros e profes elaborando unha torta de chocolate superdeliciosa.



Colocar galletas molladas no leite, chocolate, lacasitos e colocar as velas.
Canto traballo, que boa reposteira temos na clase.















PARABÉNS

 SABELA!!!

FESTA DE NADAL

O 21 de Decembro celebramos en Leiro a festa de Nadal, con talleres, actuacións,... Este ano fixémolo recordando a MILIKI un paiaso moi especial na vida de tódolos nenos e nenas ao longo de moitos anos.
Por iso dende moi cedo pintamos o nariz de vermello e comezou a diversión.

CARETA DE PAIASO.

POSTAL: ÁRBORE DE NADAL.

CONTOS DE NADAL.
A CONTINUACIÓN DISFRUTAMOS DUNHA RICA MERENDA.









Todo está superdelicioso.

Grazas as familias por esta merenda.






E a visita do Apalpador, que veu buscar as cartas de tódolos nenos e nenas e regalou chocolates.

O resto das fotos estarán na galería de fotos do blog do cole.

CUMPREANOS DECEMBRO.

No mes de Decembro estivo de cumpreanos Uxía. Fíxonos unha torta de chocolate, decorou a súa coroa; soprou as velas e despois disfrutou unha merendola estupenda.
Galleta, chocolate, lacasitos, ....

Que bonita lle quedou.








              PARABÉNS UXIA!!!