domingo, 6 de mayo de 2018

CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

O xoves 3 de maio o noso centro participou en Santiago de Compostela no Pazo de Congresos xunto con 9 centros educativos máis de Galicia o I Congreso Aliméntate Ben .

Mirade como foi a xornada.


CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O 27 de abril a Sede do C.R.A. en Leiro visteuse de cor.
As familias trouxeron fiuncho, ovos, pampullos, moitas moitas flores... para que as mestras ÁNGELES e ANA vestiran o maio.
O alumnado realizou varios obradoiros durante a mañá.
Elaboración de cadenetas:
Para vestir o maio os alumnos e alumnas cosen pampullos para facer cadenetas.
Tamén elaboraron un adorno de flor para levar na cabeza cando lle cantemos ao maio.

Cando  rematamos de traballar agora a disfrutar, nesta ocasión grazas a MATRÁCALA.
Un obradoiro de percusión con materiais de refugallo.

Grazas as familias, ao remate destes obradoiros degustaron unha deliciosa merenda.
Xa rematou a merenda cunha colaboración especial, chegaron os Demos da Petaca para cantarlle ao maio.




SAÍMOS NA PRENSA AQUÍ (No Faro de Vigo)



CUMPREANOS MES DE ABRIL

Neste mes de abril tivemos unha das nosas alumnas de cumple: VERA.
É unha estupenda reposteira, xunto con Breixo elaboraron unha deliciosa torta de chocolate.
Mirade que ben quedou e como non a fotografarse todos os que cumpren anos en Abril ( a profe Marta tamén).

 Agora xa toca probala e merendar.




PARABÉNS!!!