domingo, 6 de mayo de 2018

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O 27 de abril a Sede do C.R.A. en Leiro visteuse de cor.
As familias trouxeron fiuncho, ovos, pampullos, moitas moitas flores... para que as mestras ÁNGELES e ANA vestiran o maio.
O alumnado realizou varios obradoiros durante a mañá.
Elaboración de cadenetas:
Para vestir o maio os alumnos e alumnas cosen pampullos para facer cadenetas.
Tamén elaboraron un adorno de flor para levar na cabeza cando lle cantemos ao maio.

Cando  rematamos de traballar agora a disfrutar, nesta ocasión grazas a MATRÁCALA.
Un obradoiro de percusión con materiais de refugallo.

Grazas as familias, ao remate destes obradoiros degustaron unha deliciosa merenda.
Xa rematou a merenda cunha colaboración especial, chegaron os Demos da Petaca para cantarlle ao maio.




SAÍMOS NA PRENSA AQUÍ (No Faro de Vigo)



No hay comentarios:

Publicar un comentario