jueves, 2 de marzo de 2017

FESTA DE ENTROIDO

O venres 24 de febreiro no Auditorio de Ribadumia celebramos a festa de entroido.
Ao chegar comezamos todos xuntos con cancións superdivertidas.

Na primeira parte da mañá coa colaboraciçon da Consellería do Mar, chegou ao auditorio Luis o Pescador para explicarlle ao alumnado a importancia do peixe e do coidado dos medios acuáticos para non contaminalos.

Tamén como se cociñan os peixes e o alumnado pescou tamén con eles.


Rematado o obradoiro, comezaron a chegar as familias; para degustar a merenda tan deliciosa que nos trouxeron os nenos e nenas de 3 anos (filloas, orellas, flores....).
Xa temos folgos para comezar a festa. A disfrazarse..... e de paseo polas rúas.





Despois de rematar, agradecerlle a todos e todas os que  fixeron posible esta celebración, ás familias, á ANPA e tamén ao concello pola súa gran colaboración.





O MECO MANDA

Do 20 ao 23 de febreiro, o Meco manda ordes (moi moi divertidas); así xa notamos a chegada do Entroido.

Este ano aquí vos deixamos as ordes deste ano:























O VENRES FESTA DE ENTROIDO NO AUDITORIO

CUMPREANOS DE XANEIRO

O pasado mes de xaneiro, tivemos de cumpreanos a Luana.
Reposteira onde os haxa. Que ben o pasamos.

Mirade, mirade...







KIWI

Unha das froitas que comen moito en Inverno é o KIWI.
No concello de Ribadumia, atopamos unha empresa de Kiwis, chámase Kiwi del atlántico.

Repasamos o ciclo desta planta e froita, as súas características...
Ás veces esta froita non é das máis atractivas para o alumnado destas idades pola súa textura. 
Despois de probar, adoitan cambiar de opinión.


CELEBRACIÓN DA PAZ

O 30 de xaneiro, celebramos o día da Paz e en toda a semana fixemos diferentes actividades.


PAZ, significa compartir, bailar, convivir, ler, abrazarse, disfrutar uns dos outros, todo o que o noso alumnado fai tódolos días. 




Sobre todo PAZ significa SER LIBRES E FELICES.