viernes, 26 de octubre de 2018

LA VUELTA AL COLE II

POR FIN CHEGOU O DÍA!! E XUNTOS CATIVOS, FAMILIAS E MESTRAS CORREMOS PARA LOITAR XUNTOS E RECAUDAR FONDOS PARA LOITAR CONTRA A LEUCEMIA!!
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA IMPLICACIÓN E POR POÑER O SEU GRAN DE AREA!!!







CUMPLEANOS DE OUTUBRO!!

BOAS TARDES FAMILIAS!!

HOXE CELEBRAMOS OS CUMPLEANOS DO MES DE OUTUBRO. XULIA E LOIS CUMPLIRON 5 ANOS, E FESTEXÁMOLO CUNHA SABOROSA TARTA DE CHOCOLATE.





PARABÉN RAPARIGOS!! POR MOITOS ANOS DE VIDA!!!

martes, 23 de octubre de 2018

Coa chegada do Outono, nada melor que coñecer froitas propias desta época do ano, probalas e clasificalas segundo sexan secas e carnosas e tamén pola cor. Cánto nos gusta o Outono!!



O samaín

Chega o samaín e con él as cabazas, bruxas, pantasmas… e na escola non podíamos deixar pasar esta época tan máxica para explicar as orixes deste festa popular galega e de traballar una emoción tan complexa como os medos.



Coa axuda do conto "O noso Samaín" da editorial Galaxia, aprendemos que o Samaín e una festa que comezou a celebrarse en Galicia cos Celtas. Éstes festexaban que a recolleita dos productos da horta se fixera e remataba o verán. Neste día, o 31 de outubro, pensaban cas ánimas dos defuntos baixaban do alén para visitar as casas dos seus familiares, e para que no se perderan, con calacús e candelas, guiábanos e deixaban nas portas das casas doces e víveres.

Unha vez coñecida a orixe desta festa pagana, pasamos a falar de que eran os medos, cando o tiñamos (cando nos dan sustos, cando quedamos sólos na casa...), se era bo ter medo (claro que sí, xa que nos protexe dos peligros) se todos os medos eran reais e cómo nos sentimos cando temos medo (temblamos, nos abrazamos, agachámonos, gritamos e corremos).

Coa axuda do conto "Fiz, o coleccionista de Medos" cada neno e nena debuxou os seus medos, co obxectivo de metelos, ao igual que él,  nun baúl e pode ir superándoos.


e así de chulos quedaron os nosos medos!!



CARREIRA SOLIDARIA

Boas tardes familia!

O vindeiro venres 26 de outubro, participaremos  nunha carreira solidaria a favor dos nenos e nenas que padecen Lucemia. Xuntos correremos para darlle áloumiños, que vexan que non están sós e  para atopar a cura desta enfermidade. 
Á
s 13: 30 horas agardámosvos para comezar a carreira polos arredores da Escola de Ribadumia. Cada participante levará pegado un dorsal e ao rematar a carreira farase unha entrega de diplomas. Esperamos cos brazos abertos a aquelas familia que tamén queiran participar nesta carreira solidaria (avisade ás titoras para poder ter dorsais suficientes). 

                                          Moitas grazas pola vosa participación e polas vosas doazóns!





miércoles, 10 de octubre de 2018

Cousiñas que imos facendo!

Boas tardes a todos familias!!

Nestes primeiros días de colexio fixemos moitas cousas.

Traballamos o nome propio e clasificámolos en función da inicial e compuxémolo con letras móviles...








Xogamos de xeito individual coas bandexas. Con éstas  desenvolvemos destrezas motoras finas, coordinación, prensión...e teñen un forte componente lúdico.




Esta semana tamén nos descalzamos e xogamos a clasificar os nosos zapatos en función da cor, do número de pé e contamos cantos tiñamos en cada un dos conxuntos.





Tamén clasificamos obxectos da aula en función das cores e fixemos o conteo.





Coa chegada do outono, fixemos una asemblea onde falamos dos cambios máis significativos que podíamos ver na nosa contorna e observamos froitos e follas das árbores máis características da mesma.


Se atopades algún destes elementos nun bo paseo de outono en familia estamos encantados de que os traiades a aula.

E para rematar, hoxe fixemos una actividade ben divertida!!!. Coa teima de facer as nosas normas de aula, e tras consensualas nunha asamblea, pasamos a estampalas en papel, para que queden á vista e recordalas con maior facilidade. Para iso, con colorante alimenticio e espuma de afeitar fixemos os fondos onde irán recollidas as  normas. Así de ben o pasamos facéndoas!!