domingo, 18 de marzo de 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA: AMORODOS CON IOGUR

Este venres merendamos algo moi delicioso: amorodos con iogur, e se o facemos coas nosas manciñas aínda está máis bo.
Comezamos cortando en anaquiños os amorodos: QUE BEN SE NOS DÁ!





Despois botamos o iogur, o azucre e os amorodos.




E quédanos facer o que máis nos gusta COMEEEEEEEER!


 Ata o próximo obradoiro.

miércoles, 14 de marzo de 2012

PREPARACIÓN DA CHEGADA DA PRIMAVEIRA

Hoxe estivemos empezando a decoración da primaveira, para eso pintamos con cores vivas unhas flores grandes e vistosas.


VISITA AO ESTADIO DE PASARÓN

Despois de visitalo salón do libro collemos folgos para poder visitalo estadio de Pasarón, e como facelo mellor que merendando.

No estadio ensináronnos a sala dos trofeos do equipo de fútbol do Pontevedra, a roupa e balóns cos que xogan ou xogaron, segundo a temporada e deixáronnos acceder ao campo no que pasou isto.




Despois de tanto deporte, a descansar cunha volta estupenda en autobús ata Leiro.

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO

Este luns 12, visitamos en Pontevedra o Salón do Libro. Unha saída entretida e divertida.
Ao chegar visitamos unha contacontos, contoumos dous contos: Un deles foi a avoa e o pan con mel.





No conto tivemos que axudarlle como tivo que facer Rubén e Pablo ( convertido en Zampón).


E coa axuda dos nenos e nenas acabou o conto.



Logo fomos ver os traballos dos colexios para o salón do libro: "SUPERTICIÓNS 12+1". Alí tamén estaba o noso unha escaleira moi fermosa.




Tamén visitamos o rincón dos trebos ( tocamos os de 4 follas, para ter moita sorte)



De súpeto veu a saudarnos ORBIL, a mascota do salón do libro.
Ademáis entramos no recuncho da meiga. un lugar cheo de encanto e misterio.



Cantos libros de maxia tiña a meiga.

Seguimos o camiño polo salón e miramos  obxectos para protexernos do medo e da mala sorte ou da maxia da meiga e sobre todo do recuncho da Santa Compaña. As "Figas", hainas grandes, pequenas en forma de colgante, ...








E para rematala visita pasamos por debaixo dun gato negro pero saíndo primeiro co pé dereito para ter sorte.





Rematada a visita fixemos unha foto de todos.


OBRADOIRO DE COCIÑA: CROISSANT CON FIAMBRE.

O venres 9 a media mañá a aula convertiuse nunha cociña, para facer uns deliciosos croissants con fiambre, coma se estivesemos no mesmiño París.
Cada neno e nena trouxo unhas lonchas de fiambre: chourizo, xamón serrano, chourizo, queixo, xamón cocido ou mortadela.

Logo tiveron que cortar os croissants e cada un poñerlle o fiambre no medio.
Había despois dúas posibilidades de facelos: na torradora ou na sandwichera.
Eles son uns completos expertos.




Que ricos estaban.
Ata o próximo venres.