lunes, 28 de noviembre de 2011

CUMPREANOS DE NOVEMBRO

Este mes de Novembro foi Sabela a que se fixo xa maior con 4 anos. O pasado venres elaborou unha riquísima torta de galleta e chocolate para todos.






Tamén a adornou con lacasitos e confetis de azucre.




Para rematar só lle quedaba soprar as velas e compartir esta tarta con tódolos seus compañeiros.

Moitas felicidades.

CUMPREANOS DE OUTUBRO

En Outubro cumpriron anos Daniela e Sergio ( 4 anos), xa son maiores e por iso celebraron o cumpreanos facendo a torta de chocolate moi moi moi rica.
Son verdadeiros reposteiros:
Primeiro poñen galletas bañadas en leite.


Logo engádeselle o chocolate.

E por último póñenlle os adornos e as velas.










Despois de soprar as velas hai que probala.

Moitas felicidades.

CUMPREANOS DE SETEMBRO

No mes de setembro cumpriron anos Nicole ( 4 anos) e Brais ( 5 anos), para festexalo cos seus compañeiros e compañeiras fixéronnos esta riquísima torta de chocolate.







Moitas felicidades.

sábado, 26 de noviembre de 2011

TALLER DE COCIÑA: BRUXAS

Os alumnos de 4 e 5 anos realizaron no taller de cociña bruxas, con madalenas. Foi moi divertido elaboralas e estaban super ricas.
Primeiro colocan a madalena e úntanlle nocilla branca.





A continuación colocáronlle os ollos con lacasitos e o nariz e o pelo con regaliz.





 E por último hai que poñerlle o gorro á bruxa.




Esta lambetada xa está lista para poder dicir as palabras máxicas: 3, 2, 1 A COMERRRR!!!