viernes, 12 de febrero de 2016

ENTROIDO


A primeira semana de febreiro o MECO ordeounos vir cada día dunha forma especial ao colexio. Aquí podedes ver que guapos e guapas estivemos toda a semana do entroido.








DESPOIS DESTE ENTRANTE NO ENTROIDO CHEGAMOS AO DÍA 5 DE FEBREIRO

O venres a Casa da Cultura de Ribadumia acolleunos para celebrar o Entroido. Alí entre cancións e obradoiros discorreu a mañá.








Ao remate dos obradoiros descansamos un pouco no patio, aproveitando o bo tempo.



Ao entrar de novo, esperábamos unha estupenda merenda agasallada polas familias a que puideron asistir os pais e nais dos alumnos/as.




Xa repuxemos forzas, así que a DISFRAZARSE...

O día estivo fermoso para saír a dar un paseo polos arredores da casa da Cultura





lunes, 1 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

Este ano o día da Paz en Ribadumia adicámolo a MALALA. Unha nena que loita porque tódalas nenas do mundo poidan ir á escola e ter un futuro.