jueves, 30 de noviembre de 2017

CONCURSO DE DEBUXO "OS PAXAROS DO MUNDO"

Neste mes de novembro participamos no concurso de debuxo "Os paxaros do mundo", convocado pola editorial Flamboyant con motivo da publicación do libro Imagine e do Día Internacional da Paz.
No mural de paxaros do enlace que vos facilitaremos a continuación podedes buscar e ver  os 3 debuxos que participan do noso centro.

MURAL

Moita sorte!!!


Con motivo del lanzamiento del libro Imagine y del Día Internacional de la Paz, la Editorial Flamboyant convoca un concurso dirigido a los alumnos de infantil y primaria.

El objetivo del concurso es dar a conocer los valores de la paz y la tolerancia, trabajando el respeto y la diversidad.

MES DA CIENCIA: ABSORCIÓN

Nesta experiencia, os elementos son deliciosos para o noso alumnado; osiños de gominola.
Quixemos ver que pasa cando xuntamos a xelatina coa que están formados en contacto coa auga.

Colocamos este doce nun prato e cubrímolos con auga e a esperar....


Ao remate da mañá de hoxe observamos que os osiños medraran considerablemente, estaban moi brandiños.



MES DA CIENCIA: MOVEMENTO

Este experimento, só necesita paus pequenos de madeira e un pouco de auga.

Cando comezamos a explicar a experiencia o alumnado pensaba que para movelos había que votar moita auga, tiñan múltiples preguntas e hipóteses.

Colocamos os paus de madeira formando unha estrela todos xuntiños no centro e ao engadirlle unha culleriña pequena de auga no centro, sen ningunha outra acción; ábrese unha gran estrela no centro.


MES DA CIENCIA: CROMATOGRAFÍA

A cromatografía, foi unha experiencia moi divertida e interesante para o noso alumnado.

Os elementos necesarios para realizalo son:
- Auga.
- Vasos pequenos.
- Sal.
- Rotuladores.
- Filtro de café.



 Para comezar, engádese un pouco de auga nos vasos, despois ponse dentro deles un pouco de sal.


A continuación, en cada papel de filtro córtase un anaco no centro e píntase cun rotulador da cor que se queira o borde o corte. O filtro colócase encima do vaso (co preparado anterior) e polo buraquiño colocamos unha tira de papel de filtro que contacte coa auga con sal.

Hoxe coloreamos os centros de cada filtro con: vermello, verde, azul escuro e marrón.
E.... só queda observar e esperar.

Rematada a experiencia, observamos de cantas cores constaba cada cor de rotulador.



jueves, 23 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO: DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe co noso alumnado queremos destacar as nosas aulas coma un espacio  sen violencia, sen prexuízos, con igualdade...
Canto máis pequenas e pequenos son as nosas alumnas e alumnos máis igualdade e menos prexuízos.
Por iso, non temos cores , nin xoguetes, nin tarefas que nos designen de maneira diferente. 
Despois de traballar sobre a igualdade, queremos mostrar que as aulas de Ribadumia; están en NEGRO contra a VIOLENCIA.


UNHA FRECHA MOI RÁPIDA

Outra das experiencias vividas hoxe foi, como mover unha frecha de papel a través dunha reacción química.
Precisamos:
- Un recipiente.
- Auga.
- Unha frecha de papel.
- Xabón de lavar os pratos.
- 1 bastonciño de algodón.

Colocamos auga nun recipiente, colocamos a frecha de papel para que poida moverse. Engadimos un pouquiño de lavapratos no bastonciño e tocamos con el a auga detrás da frecha e ....



OVO FRITO

Hoxe na biblioteca de Leiro tivemos outra sesión de experimentos. Descubrimos como ter un ovo aparentemente frito, sen tixola, aceite ou lume.
Para isto, é necesario:
- 1 prato fondo.
- Alcol de 90º.
- 1 ovo.
Colocamos na parte fonda do prato, alcol; despois abrimos o ovo e botámolo dentro do alcol.

Deixámosvos as imaxes para ver o resultado. 




MISTURAS

En Ribadumia, fixemos misturas para comprender porque ás veces nos poden facer dano certos alimentos ou bebidas que tomamos cando as misturamos con outros alimentos ou elementos.

Ás veces, cando comemos misturamos lambetadas con refrescos, con este experimento comprobamos como certos doces (caramelos, gominolas...) reacionan cos gases dos refrescos.

O mesmo que pasa nesta actividade, sucede dentro do noso organismo cando os consumimos xuntos.

Para facelo, necesitamos:

- 1 botella grande de Coca Cola
- Mentos de Menta.

Abrimos a botella de refresco e engadimos o paquete dese doce e sae todo o gas da botella.


COMO INCHAR UN GLOBO SEN SOPRAR

O venres pasado descubrimos en Ribadumia como inchar un globo sen soprar.
Para facelo precisamos:

- 1 botella pequena transparente.
- Bicarbonato.
- 1 globo.
- Vinagre.
Ponse o bicarbonato dentro do globo con axuda dun funil, despois engadimos o vinagre na botella e colócase o globo no bico da botella e deslízase o bicarbonato dentro da botella e....



MITOLOXÍA

Durante os meses de outubro e metade de novembro na Biblioteca de Leiro, tivemos o recuncho da Mitoloxía, no que despois da visita de Heitor Picallo ao noso centro; colocamos a ilustración que elaborou nesa visita para o C.R.A.


DENSIDADE

O xoves 16 realizamos na biblioteca en Leiro un experimento sobre a densidade dos alimentos.

Para realizar esta actividade, precisamos:

- Dúas mandarinas.
- Auga.
- Botella ancha con moita auga.

Primeiro engadimos a mandarina con pel na auga e observamos o que sucede. Despois quitamos a pel da outra mandarina e engadímola na auga (que sucede?), sacámola e engadimos a mandarina sen pel (flota, non flota?).

Despois de observar cada acción anterior por separado, repetímolo engadíndo na auga todos os elementos anterior.

Mirade, mirade que pasou...





TORRE DE AZUCRE E COLORANTE

Como cada xoves que asistimos a biblioteca de Leiro experimentamos con diferentes elementos e alimentos. Este xoves 16 imos a aprender que é unha disolución.

Neste experimento empregamos:

- Cadradiños de azucre.
- Auga.
- Colorante de cores.

Os alumnos colocan unha torre de azucre, engadimos auga con colorante e.... sube, sube, sube o colorante pola torre. Ata que se desfai porque o azucre se disolve coa auga con colorante.

Mirade, mirade...







LÁMPADA DE LAVA

O pasado venres 10 de novembro, na escola de Ribadumia; Laura realizou experimentos connosco.
Elaborou lámpadas de lava.

Para facelas, colocou a mesma cantidade de auga en 3 botes diferentes, engadeu aceite e  1 cor diferente de colorante en cada un deles.
Pouco a pouco o colorante atravesou o aceite e chegou ao fondo.
A continuación, engadeu unha pastilla efesvercente en cada bote e......




miércoles, 22 de noviembre de 2017

A PEMENTA ESCAPA

Nesta actividade de ciencia observamos as reacións químicas de unha especie alimentaria como a pementa (branca ou negra) cando a xuntamos con xabón lavapratos.
É moi moi sinxelo.

Necesitamos:
- 1 prato.
- Pementa branca ou negra.
- Auga.
-1 gota de lavapratos.

Bótase a auga no prato, despois engádese a pementa e a continuación poñemos unha gota de lavapratos e .... mirade que pasou.




jueves, 9 de noviembre de 2017

O MONSTRO DE COLORES

Unha parte moi importante do noso ser son as emocións. Para traballalas visitounos alguén moi especial "O monstro de Colores".
Martín trouxo o seu monstro de cor amarelo "Alegría".

Aquí vos deixamos un vídeo deste conto.


                                       






MES DA CIENCIA: MAGNETISMO

Para realizar este experimento precisamos:

- Imán.
- Parafusos.
- Anacos de metal.
- Serradura de ferro.
- Bote de cristal.
- Auga.

Colocamos a auga no bote e despois tamén engadimos os elementos metálicos, pechamos o bote e xogamos.
O mesmo ocorre coa serradura de metal.



Alucinante!!!

MES DA CIENCIA: ARCO DA VELLA.

Toca experimentar cos colores. Para realizalo precisamos o seguintes ingredientes:

-  Lacasitos de colores.
- Auga.

Os alumnos e alumnas colocaron nun plato caramelos ou lacasitos de colores e despois engadir auga ata a metade dos caramelos.

E observamos que pasa...



Que bonito !!!

MES DA CIENCIA: DENSIDADES

Diferentes densidades.

Para realizar este experimento precisamos os seguintes ingredientes:

- 1 recipiente transparente vacío.
- Aceite.
- Colorante alimentario e agua.
- Mel.
- Carbón.
- Anel.
- Esponxa.
- Anaco de tomate.

Engadimos no recipiente primeiro mel, despois aceite e por último a auga co colorante.
Ao remate  engadimos o anel, o carbón, o tomate e o anaco de esponxa.
Observamos que flota, non flota, que líquido está por encima, por debaixo...




Canto aprendemos con este experimento.

MES DA CIENCIA: ENERXÍA E IMÁNS.

Temos enerxía no noso corpo?

O venres as aulas de Ribadumia experimentamos cun medidor de enerxía.

O noso corpo funciona de circuito de enerxía, descubrimos que corpos son conductores da mesma ou non. Tamén fixemos un circuito humano.



FORZAS: IMÁNS.

Outro elemento interesante para os experimentos é o imán.
Que corpos atrae?, en cales non hai magnetismo?...
Comezamos os xogos e non hai forma de xuntar dous imáns, apartan un do outro e comezan os nenos e nenas a preguntar que sucede. Chegamos á conclusión que hai dúas partes que se atraen e outras dúas que non se queren aínda que o intentemos moitas veces.



Que divertido!!!!



MES DA CIENCIA

O mes de novembro celébrase o mes da ciencia. Na biblioteca da sede do C.R.A. en Leiro tódolos xoves realizaremos experimentos. Con eles o alumnado descubrirá: o magnetismo, a densidade, as misturas, a dureza...

O primeiro experimento que realizamos en Leiro, foi o día 2 de Novembro.

Flota ou non flota?

Para facer este experimento precisamos os seguintes ingredientes:
- 3 vasos trasparentes.
- Auga.
- Sal.
- Azucre.
- 3 ovos.
Preparación:
Bótase a mesma cantidade de auga nos 3 vasos. Nun deles engádese sal, noutro azucre e o outro queda con auga limpa.
Os alumnos colocaron un ovo en cada vaso e observamos que sucede....
Que ovo non flota, cal o fai un pouco e cal está arriba de todo?




SAMAÍN

O martes 31 de outubro celebramos na sede do C.R.A. en Leiro o Samaín e magosto.

Dende o comezo da xornada; vampiros, bruxas, monstros... elaboramos diversos obradoiros. Ao remate dos mesmos todos na compaña das familias degustaron unha rica merenda terrorífica de Samaín.




Despois dun merecido descanso, tivemos a visita de Heitor Picallo. Este escritor e ilustrador explicounos como realizou o libro "Tilirín e a mitoloxía", así coma con que materiais se pode ilustrar.

Ao remate desta actividade, chegou unha visita ao noso cole. Acompañada de pócemas e música tenebrosa fixo a súa aparición HERMELINDA (a bruxa que crea pócemas para facernos máis guapos e guapas).

Como última actividade desta trepidante mañá, todo o alumnado do C.R.A. acompañados da mestra de música agasalláronnos cunha divertida actuación.

Durante toda esta xornada varias familias estiveron asando as castañas do magosto que ao remate da mesma degustaron.