martes, 17 de febrero de 2015

VACACIÓNS DE ENTROIDO

Dende o LUNS 16 ATA O MÉRCORES 18, ESTAREMOS DE VACACIÓNS.

VOLTAMOS ÁS CLASES O XOVES 19, EN LEIRO.

FELIZ ENTROIDO!!!

O ENTROIDO NA PRENSA

O SÁBADO A VOZ DE GALICIA ENSINOU OS NENOS/AS DO CRA COS SEUS DISFRACES


http://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/cambados/2015/02/13/viernes-entroido-colegios-salnes/01101423852786823415125.htm

AQUÍ PODEDES VELOS

ACTIVIDADES DO ENTROIDO

Esta semana pasada, os alumnos/as fixeron unha actividade de plástica espectacular.

Un antiface:


FESTA DO ENTROIDO

O Venres 13 de Febreiro, disfrutamos nas instalacións da escola de Lois, dunha festa de Entroido. Nela disfrutamos destas datas nenos e nenas, familias e docentes.

Unha vez máis, darlle as grazas as familias dos alumnos/as que tanto nos axudan e a ANPA do Cra pola súa colaboración.

Unha mañá na que non faltaron obradoiros: contacontos, realización dun antiface e xogos con paracaídas. Despois, a pesares da choiva disfrutamos dun desfile, da merenda que trouxeron as familias e música e baile.

Este ano, como traballamos o proxecto de Australia, este carnaval disfrazámonos de:

LEIRO: KOALAS
SISÁN: EMÚ
LOIS: ABORIXE
RIBADUMIA: CANGUROS

ESPECIALISTAS: CACATÚAS.























ENTROIDO: ORDES DO MECO

O Meco estivo coma tódolos entroidos dándonos mandatos e ordes durante esta semana de Febreiro.

O luns ordeounos traer algo na cabeza, e así de guapos/as chegamos á escola.



O MARTES ORDEOU TRAER UNHA FLOR, QUE GUAPOS/AS .....


O MÉRCORES TOCOUNOS  ACUDIR AO COLE, CUN BIGOTE.


O XOVES LEVAMOS A LEIRO UNLLAS PINTADAS.




DIA DA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz, fixemos diversas actividades entre as cales foi a realización dunha pomba.



FESTA DE NADAL

O último día lectivo de decembro, celebramos en LEIRO, a festa de Nadal.

Temos coma sempre que agradecervos ás familias a vosa colaboración, tamén este ano contamos coa actuación da Escola de Música de Ribadumia. Agasalláronnos cunhas magníficas panxoliñas.

Tivemos tamén talleres, contos, xogos e unha bola de nadal.






CUMPREANOS DE DECEMBRO

Este pasado mes de Decembro estiveron de cumpreanos Carla e Paula. Cumpriron 5 anos.

Ollade que ben o pasamos nesta celebración.











































PARABÉNS!!!