viernes, 22 de abril de 2016

SAÍDA Á AFUNDACIÓN

O 22 de Abril desprazámonos ata a Afundación en Pontevedra para poder disfrutar da actividade musical de Mamá Cabra co seu espectáculo "15 Primaveras".

Despois de merendar cruzamos a rúa ata o CAFÉ MODERNO, no que a través dunha visita e un obradoiro "Arquitecturas Emocionais" o alumnado experimentou con diferentes materiais e texturas.




martes, 12 de abril de 2016

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO E O MUSEO DE PONTEVEDRA

Este mes de Abril desprazámonos ata o Pazo da Cultura en Pontevedra realizando unha visita pedagóxica na que disfrutamos dun contacontos, vimos os traballos presentados na exposición deste ano Canta Bichería!!.











viernes, 8 de abril de 2016

PLAN PROXECTA - PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Este curso estamos facendo moito fincapé na alimentación. Por iso, todos os alimentos son importantes pero entre eles imos resaltar os  BOCATAS. No noso centro o MARTES todos os nenos e nenas deben traer esta merenda. Adoitan variar de semana a semana.




martes, 5 de abril de 2016

CUMPREANOS DE CARLA E MENCÍA

No mes de Marzo Carla cumpriu 6 anos e Mencía 4. Celebrámolo na escola de Ribadumia con unha festa chea de torta de chocolate, lambetadas.

Aquí podemos ver o bo reposteiras que son.