jueves, 10 de noviembre de 2016

SENTIDO DO GUSTO

Hoxe en Leiro, experimentamos con outro sentido o "Gusto".

Primeiro informámonos sobre este sentido.


Despois probamos, probamos e probamos, Doce, Salgado, Ácido e Amargo.













Ata a semana vindeira, seguiremos experimentando.
Que sentido tocará....

SENTIDO DO TACTO

O mes de novembro é o mes da Ciencia e por iso no C.R.A. programamos obradoiros de experimento e actividades basados nos sentidos.

A nosa aula comezamos o Xoves día 3 de novembro co SENTIDO DO TACTO.

Aqui tendes os nosos descubrimentos.








Para rematar este obradoiro vimos un vídeo de como convertir un ovo, nun ovo de "goma" que bota.


  


CUMPREANOS DE OUTUBRO

O 26 de outubro, celebramos o cumpreanos de Xulia; cumpriu 3 anos.
Elaborou unha riquísima torta de chocolate na compaña de Uriel e Lois de Ribadumia B que tamén estiveron en outubro de cumpreanos.






Preparada para soprar as velas








Non quedou nin un anaquiño do boa que estaba.

Despois con gusanitos, pelotazos e patacas fritas  completamos a celebración.








Parabéns Xulia!!!!

SAMAÍN - MAGOSTO

O pasado 28 de Outubro celebramos no Local Social de Leiro a chegada do Outono, coa festa do Magosto e Samaín.

Fixemos un obradoiro para decorar cucuruchos nos que despois levaron as castañas o alumnado.











Despois chegou o momento de disfrutar do obradoiro de "O sabor da aventura está no Mar"



Ao rematar xa tocaba repoñer forzas coa deliciosa merenda que trouxeron para compartir as familias e ver a exposición de calacús.


Rica merenda.

O noso centro hoxe tamén estivo cheo de bruxas e ata Franki veu de visita.



Cantos conxuros fixo a Bruxa Ermelinda


Tamén disfrutamos coa actuación do alumnado coa "Momia de cores" coa colaboración da mestra de música.
E para rematar este gran día, tamén disfrutamos da actuación da Banda de Música Municipal de Ribadumia, con divertidas cancións infantís para o noso alumnado.
 
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración, para que esta labor educativa sexa posible.

Podedes ver todalas fotografías na web do centro.

Preme AQUÍ