viernes, 29 de diciembre de 2017

CELEBRACIÓN DE NADAL

O pasado 21 de decembro celebramos a chegada do Nadal no auditorio de Ribadumia.

Durante as primeiras horas da mañá o alumnado realizou obradoiros: contacontos, visionado de vídeos de nadal, actividade plástica.



Despois destas actividades, precisabamos un descanso. Ás 11 da mañá xa se incorporaron as familias a esta celebración; para disfrutar da merenda.

Ao remate da mesma, seguimos coa celebración. Chegaron as actuacións... 
Chegou o momento de KID`S & US.

Ao remate da visita de Papá e Mamá Noel, tocoulles actuar ao noso alumnado.
Nesta ocasión a panxoliña "Na casa da miña avoa".


Para rematar a mañá tivemos unha visita dende o Courel, veu o Apalpador.


Grazas a todos os que fixestes posible esta celebración pola vosa colaboración.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA

Este Nadal dende a aula de Ribadumia A, participamos no concurso de postais de Nadal celebrado no concello de Ribadumia.

Aquí están as que elaboraron para este concurso.


Tamén darlle os parabéns a Alex da escola de Sisán, por ser o gañador deste concurso na categoría de Educación Infantil.

MÚSICA CON CUENCOS TIBETANOS

O pasado 20 de decembro, recibimos na escola de Ribadumia unha visita moi especial, Mercedes; amiga de Alba (alumna da nosa escola).
Trouxo instrumentos musicais moi especiais, cuencos tibetanos.


Emiten sons relaxantes, especiais, vibrantes... que nos encantaron.

AQUÍ vos deixamos un enlace con máis información sobre estes instrumentos musicais.

Moitas grazas por esta actividade tan especial.

RECOLLIDA DE XOGUETES POLA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Dende o 17 de novembro ata o 18 de decembro as familias do nosa aula estivo colaborando coa campaña da Fundación Amigos de Galicia para que ningún neno quede sen xoguetes en Nadal.
Dende a escola dámosvos as grazas pola vosa colaboración para agasallar ilusión aos nenos e nenas que o precisan.



BO NADAL!!!

CUMPREANOS DE MANUEL E MARTÍN

Este mes de decembro dous dos nosos alumnos estiveron de aniversario: Manuel 5 anos e Martín 4 anos.

Coma tódolos anos neste día convertíronse nun experimentados reposteiros para facer a súa torta de chocolate.





BOLSA DE SEMENTES TERAPÉUTICA

Cando falamos de alimentos ( froitos secos, froitos carnosos...) os alumnos e alumnas sempre o asocian con comer; pero sabemos que cos alimentos tamén podemos remediar dores, inflamacións, ...

Por iso, neste curso descubrimos que efectos poden ter as sementes quentes ou frías para o beneficio do corpo humano.
Existen bolsas con diferentes sementes (arroz, trigo, millo, alpiste... e diferentes herbas aromáticas).
Así elaboramos os nosos sacos de sementes: trigo, alpiste e lavanda seca do noso Xardín dos Sentidos.




AQUÍ vos deixamos un enlace dos beneficios que teñen estes sacos terapéuticos.



PREPARACIÓN DO NADAL

Durante este mes de decembro o alumnado da aula realizou actividades plásticas preparando estas datas de Nadal.

Actividades sobre o Apalpador, adornamos a árbore de Nadal...

martes, 5 de diciembre de 2017

DÍA DO VOLUNTARIADO

Hoxe 5 de decembro Día do Voluntariado asistimos na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela á presentación da Guía sobre voluntariado dos Bolechas.


Nenos de todo Galicia participantes en proxectos sobre voluntariado ou de axuda aos demáis (no noso centro traballamos en varios ámbitos: as mascotas, a recollida de tapóns, xoguetes e roupa...) celebramos este día na compaña dos Bolechas, que obsequiaron ao alumnado cunha das  súas guías e o carné de voluntario. Despois houbo elaboración de chapas dos Bolechas, un concurso de debuxo....







Para ver as imaxes da galería preme AQUÍ

OBRADOIROS ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

O 4 de decembro en Leiro realizamos obradoiros sobre consumo.
Coa colaboración da Escola Galega de Consumo durante a mañá o alumnado foi rotando polos diversos obradoiros: a pirámide de alimentos, o consumo responsable e a elaboración dun xoguete reciclando.





Para ver as fotos da galería preme AQUÍ

MES DA CIENCIA: BOTELLA DA CALMA

Na escola de Ribadumia para rematar no mes de Novembro as actividades de Ciencias, elaboramos unha botella da calma.
Para elaborala o alumnado trouxo unha botella pequena transparente, despois na escola engadímoslle: gomina, auga templada e purpurina.
Axitamos e ....



MERENDAS SAUDABLES DE OUTONO

Os mércores na Escola de Ribadumia A, a súa merenda é froita. Temos distintas froitas do outono como merenda: Caqui, freixoa, laranxa, mandarina, mazá, pera, plátano, melocotón.... 

Moita, moita variedade...
A maioría destas froitas son das súas árbores froiteiras.

jueves, 30 de noviembre de 2017

CONCURSO DE DEBUXO "OS PAXAROS DO MUNDO"

Neste mes de novembro participamos no concurso de debuxo "Os paxaros do mundo", convocado pola editorial Flamboyant con motivo da publicación do libro Imagine e do Día Internacional da Paz.
No mural de paxaros do enlace que vos facilitaremos a continuación podedes buscar e ver  os 3 debuxos que participan do noso centro.

MURAL

Moita sorte!!!


Con motivo del lanzamiento del libro Imagine y del Día Internacional de la Paz, la Editorial Flamboyant convoca un concurso dirigido a los alumnos de infantil y primaria.

El objetivo del concurso es dar a conocer los valores de la paz y la tolerancia, trabajando el respeto y la diversidad.

MES DA CIENCIA: ABSORCIÓN

Nesta experiencia, os elementos son deliciosos para o noso alumnado; osiños de gominola.
Quixemos ver que pasa cando xuntamos a xelatina coa que están formados en contacto coa auga.

Colocamos este doce nun prato e cubrímolos con auga e a esperar....


Ao remate da mañá de hoxe observamos que os osiños medraran considerablemente, estaban moi brandiños.



MES DA CIENCIA: MOVEMENTO

Este experimento, só necesita paus pequenos de madeira e un pouco de auga.

Cando comezamos a explicar a experiencia o alumnado pensaba que para movelos había que votar moita auga, tiñan múltiples preguntas e hipóteses.

Colocamos os paus de madeira formando unha estrela todos xuntiños no centro e ao engadirlle unha culleriña pequena de auga no centro, sen ningunha outra acción; ábrese unha gran estrela no centro.


MES DA CIENCIA: CROMATOGRAFÍA

A cromatografía, foi unha experiencia moi divertida e interesante para o noso alumnado.

Os elementos necesarios para realizalo son:
- Auga.
- Vasos pequenos.
- Sal.
- Rotuladores.
- Filtro de café.



 Para comezar, engádese un pouco de auga nos vasos, despois ponse dentro deles un pouco de sal.


A continuación, en cada papel de filtro córtase un anaco no centro e píntase cun rotulador da cor que se queira o borde o corte. O filtro colócase encima do vaso (co preparado anterior) e polo buraquiño colocamos unha tira de papel de filtro que contacte coa auga con sal.

Hoxe coloreamos os centros de cada filtro con: vermello, verde, azul escuro e marrón.
E.... só queda observar e esperar.

Rematada a experiencia, observamos de cantas cores constaba cada cor de rotulador.



jueves, 23 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO: DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe co noso alumnado queremos destacar as nosas aulas coma un espacio  sen violencia, sen prexuízos, con igualdade...
Canto máis pequenas e pequenos son as nosas alumnas e alumnos máis igualdade e menos prexuízos.
Por iso, non temos cores , nin xoguetes, nin tarefas que nos designen de maneira diferente. 
Despois de traballar sobre a igualdade, queremos mostrar que as aulas de Ribadumia; están en NEGRO contra a VIOLENCIA.


UNHA FRECHA MOI RÁPIDA

Outra das experiencias vividas hoxe foi, como mover unha frecha de papel a través dunha reacción química.
Precisamos:
- Un recipiente.
- Auga.
- Unha frecha de papel.
- Xabón de lavar os pratos.
- 1 bastonciño de algodón.

Colocamos auga nun recipiente, colocamos a frecha de papel para que poida moverse. Engadimos un pouquiño de lavapratos no bastonciño e tocamos con el a auga detrás da frecha e ....



OVO FRITO

Hoxe na biblioteca de Leiro tivemos outra sesión de experimentos. Descubrimos como ter un ovo aparentemente frito, sen tixola, aceite ou lume.
Para isto, é necesario:
- 1 prato fondo.
- Alcol de 90º.
- 1 ovo.
Colocamos na parte fonda do prato, alcol; despois abrimos o ovo e botámolo dentro do alcol.

Deixámosvos as imaxes para ver o resultado. 




MISTURAS

En Ribadumia, fixemos misturas para comprender porque ás veces nos poden facer dano certos alimentos ou bebidas que tomamos cando as misturamos con outros alimentos ou elementos.

Ás veces, cando comemos misturamos lambetadas con refrescos, con este experimento comprobamos como certos doces (caramelos, gominolas...) reacionan cos gases dos refrescos.

O mesmo que pasa nesta actividade, sucede dentro do noso organismo cando os consumimos xuntos.

Para facelo, necesitamos:

- 1 botella grande de Coca Cola
- Mentos de Menta.

Abrimos a botella de refresco e engadimos o paquete dese doce e sae todo o gas da botella.


COMO INCHAR UN GLOBO SEN SOPRAR

O venres pasado descubrimos en Ribadumia como inchar un globo sen soprar.
Para facelo precisamos:

- 1 botella pequena transparente.
- Bicarbonato.
- 1 globo.
- Vinagre.
Ponse o bicarbonato dentro do globo con axuda dun funil, despois engadimos o vinagre na botella e colócase o globo no bico da botella e deslízase o bicarbonato dentro da botella e....