martes, 31 de enero de 2012

MURAL DA PAZ CUN CADRO DE PICASSO

Félix foise a París, alí paseando polo museo do Lovre, puido observar varios cadros de Pablo Ruíz Picasso; entón dende o colexio e coa axuda de tódalas familias dos nenos ( axudándolle a poñer palabras sobre a paz, nunha pomba), elaboramos este fermoso mural que adorna a entrada da nosa escola.

MURAL FEITO POR 3,4 E 5 ANOS

DIA DA PAZ

O día 30 foi o día da PAZ, por iso nestes días anteriores os nenos e nenas realizaron varias actividades para este día.
Fixeron unha pomba. Mirade como:






Logo a recortar e poñerlle unha palliña de plástico para suxeitala.

martes, 24 de enero de 2012

FELIX ESTÁ EN PARÍS

O noso amigo Félix chegou dende Londres a París, por eso queremos darlle as gracias a tódolas familias do noso alumnado que nos aportou fotos, imaxes, contos, películas, moedas, música, ...de París. Todos poderedes apreciar este recuncho na entrada da escola.