jueves, 26 de mayo de 2016

SEGURIDADE VIAL NO C.R.A. DE RIBADUMIA

O pasado 24 de Maio no lugar de Sisán desenrolouse unha actividade de Seguridade Vial.

Esta tarefa realizouse na primeira parte da mañá en tres sitios diferentes:

-UN CIRCUITO DE SEGURIDADE VIAL.
No pavillón de Sisán e coa colaboración de Paco de Autoescola de Barrantes.


Otro dos obradoiros foron contos sobre circulación e seguridade vial.


Ao remate, puidemos coa axuda dos axentes da DXT subir na moto e no coche dos axentes.


Coa colaboración da Coordinadora de Seguridade Vial da DXT, explicounos cunha presentación as normas de circulación e como viaxar con seguridade.


Gastamos moitas forzas durante toda a mañá toca repoñelas cunha deliciosa merenda coa axuda da ANPA.


Xa collemos folgos para rematar a mañá, agora facemos OBRADOIRO DE COCIÑA con moita creatividade.


E por último fixemos un carnet para conducir o seu vehículo ( bicicleta, patinete... )

Grazas a todos e todas por colaborar coas actividades do centro, tamén ao concello aos efectivos da DXT , a ANPA e sobre todo a PACO o pai de Rodrigo Torres.


Para acceder a todas as fotos desta actividade, premer AQUÍ

jueves, 19 de mayo de 2016

KID`S&US

O 22 de Abril visitáronnos en Leiro Kid`s & Us, para deleitarnos coa súa actuación.

Story Time: Around the World.

Todos os nenos e nenas participaron activamente neste contacontos.


LETRAS GALEGAS - MANUEL MARÍA

O 17 de Maio celebrouse en Galicia o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Manuel María.
Dende as nosas aulas tamén recordamos a este célebre escritor.

Cos seus poemas, e contos ; entre eles "O bigote de Mimí", "Os Soños na Gaiola"... o alumnado recreou estes poemas e fixeron debuxos sobre eles.
Tamén recordamos a Manuel María cos seus poemas sobre seguridade vial: o Semáforo, Guardia de Tráfico...



SAÍDA GRANXA ESCOLA DE SERANTELLOS

O 2 de Maio, desprazámonos ata Castrelo á Granxa Escola de Serantellos.
Alí o alumnado realizou diversas actividades que vos ensinamos a continuación.





OS MAIOS

O 29 de Abril na Sede do C.R.A. en Leiro celebramos a chegada dos Maios. Este ano o programa foi moi completo.

Cada escola participou no obradoiro de ciencia, coa investigadora Luisa Martínez ( Responsable da Unidade da Cultura Científica do CSIC Galicia).

Para facer o Maio fan falla moitas cadeas de flores (que trouxeron as familias) pero os nosos nenos e nenas fixéronas moi fermosas.

Tamén realizaron un taller de plástica no que cada alumno/a fixo a súa diadema de flor chea de colorido, que despois lucen nos cánticos ao Maio.

Para rematar este día, chegaron as familias e os Músicos de Música Tradicional Galega; así rematou a festa cantando e bailando ao redor do MAIO.






Moitas grazas tamén ao Diario de Arousa e a La Voz de Galicia que publicaron o traballo realizado nas páxinas dos seus xornais.


PLAN PROXECTA - MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA

Dende moi pequenos debemos estar atentos aos perigos que nos rodean, por iso é fundamental a seguridade nos desprazamentos dos nenos e nenas.
Unha dos elementos fundamentais que traballamos é a figura do SEMÁFORO.



ALIMÉNTATE BEN - PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O 22 de Abril na Sede do C.R.A. en Leiro, xuntouse todo o alumnado do centro para participar na actividade Ponlle as Pilas ao teu Bocata.
Dous mestres da Nutrición presentáronnos diversos alimentos do mar que son importantes para a nosa saúde e que poden facer bocadillos deliciosos de múltiples sabores.



DÍA DO LIBRO

O 20 de Abril celebramos nas escolas o Día do Libro, este ano tivemos a visita de Montse e Jose que cociñaron contos para o alumnado do C.R.A.
Tamén recibimos unha visita moi especial. As mamás da ANPA trouxéronnos un agasallo para o centro e unha pranta para cada neno e nena.






Moitas grazas por este día tan especial.

Sempre lendo contos

ALIMÉNTATE BEN - TRABALLO DOS MARISCADORES

Na escola de Ribadumia recibimos a visita de Lucía, unha mariscadora que nos ensinou moitísimo sobre a vida, características dos bivalvos, moluscos, ... que podemos atopar no mar. Con que ferramentas traballan...









martes, 3 de mayo de 2016

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Estamos traballando dentro do Plan Proxecta - A Aventura está no Mar. Por iso, aproveitamos os coñecementos do noso alumnado sobre o tema.

Lucía e Breixo, trouxeron ao cole varias especies de seres vivos que se poden atopar no mar.