jueves, 19 de mayo de 2016

OS MAIOS

O 29 de Abril na Sede do C.R.A. en Leiro celebramos a chegada dos Maios. Este ano o programa foi moi completo.

Cada escola participou no obradoiro de ciencia, coa investigadora Luisa Martínez ( Responsable da Unidade da Cultura Científica do CSIC Galicia).

Para facer o Maio fan falla moitas cadeas de flores (que trouxeron as familias) pero os nosos nenos e nenas fixéronas moi fermosas.

Tamén realizaron un taller de plástica no que cada alumno/a fixo a súa diadema de flor chea de colorido, que despois lucen nos cánticos ao Maio.

Para rematar este día, chegaron as familias e os Músicos de Música Tradicional Galega; así rematou a festa cantando e bailando ao redor do MAIO.






Moitas grazas tamén ao Diario de Arousa e a La Voz de Galicia que publicaron o traballo realizado nas páxinas dos seus xornais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario