jueves, 26 de mayo de 2016

SEGURIDADE VIAL NO C.R.A. DE RIBADUMIA

O pasado 24 de Maio no lugar de Sisán desenrolouse unha actividade de Seguridade Vial.

Esta tarefa realizouse na primeira parte da mañá en tres sitios diferentes:

-UN CIRCUITO DE SEGURIDADE VIAL.
No pavillón de Sisán e coa colaboración de Paco de Autoescola de Barrantes.


Otro dos obradoiros foron contos sobre circulación e seguridade vial.


Ao remate, puidemos coa axuda dos axentes da DXT subir na moto e no coche dos axentes.


Coa colaboración da Coordinadora de Seguridade Vial da DXT, explicounos cunha presentación as normas de circulación e como viaxar con seguridade.


Gastamos moitas forzas durante toda a mañá toca repoñelas cunha deliciosa merenda coa axuda da ANPA.


Xa collemos folgos para rematar a mañá, agora facemos OBRADOIRO DE COCIÑA con moita creatividade.


E por último fixemos un carnet para conducir o seu vehículo ( bicicleta, patinete... )

Grazas a todos e todas por colaborar coas actividades do centro, tamén ao concello aos efectivos da DXT , a ANPA e sobre todo a PACO o pai de Rodrigo Torres.


Para acceder a todas as fotos desta actividade, premer AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario