miércoles, 26 de abril de 2017

CELEBRACIÓN DO MAIOS

O luns 24 de Abril en Leiro, realizamos a celebración dos maios. Na primeira parte da mañá o alumnado realizou varios obradoiros. Un de plástica e outro de cadenetas de pampullos.


Na segunda parte da mañá e coa compañía das familias xa puidemos cantarlle ao maio. Nesta actividade temos que darlle as grazas á ANPA do C.R.A. por agasallarnos cun grupo de  música tradicional galega.

Ademáis da música, a ANPA tamén agasallou con unha planta de flor vermella a cada alumno por ser o día do libro o domingo 23.

O martes 25 A Voz de Galicia publicou a nosa actividade.
CELEBRACIÓN DOS MAIOS

OBRADOIROS PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O 24 de Abril na escola de Leiro todo o alumnado das escolas realizaron os obradoiros de Ponlle as Pilas ao teu Bocata.

Despois de coñecer os peixes, os seus beneficios, as receitas innovadoras que se poden cociñar... os nenos e nenas degustaron bocadillos de diferentes conservas con vexetais.



Esta actividade tamén podedes vela na prensa no Diario de Arousa do mércores 26 de Abril.
Estes obradoiros son posibles coa colaboración da Consellería do Mar.

ALIMENTOS DE PASCUA

Nestas pasadas vacacións existen múltiples postres e doces típicos destas épocas en GALICIA: O bolo de ovos, as roscas,...

Resultado de imaxes para roscas de pascuaImaxe relacionada

Na escola, tamén quixemos darlle un agasallo moi especial aos nosos alumnos.

Os OVOS DE CHOCOLATE.

SAÍDA Á ILLA DE AROUSA

O 29 de Marzo os alumnos e alumnas de 4 e 5 anos, a través do Plan Proxecto, dentro do Programa "O sabor da aventura está no mar" visitaron a Illa de Arousa. 
Alí descubriron como é a lonxa e tamén como traballan no mar os mariscadores e mariscadores.






Despois de coñecer a lonxa, os peixes e mariscos; tamén é moi importante unhas receitas de cociña innovadoras e creativas para que estes alimentos sexan atractivos para os nosos pequenos alumnos.

CUMPREANOS DE MARZO

Este mes de Marzo tivemos un cumpreanos, Mencía xa cumpriu 5 anos.
Aquí podedes ver como o celebrou, na compaña de Alba de Ribadumia B ( á que tamén felicitamos).



VISITA AO SALÓN DO LIBRO.

O pasado 15 de marzo o alumnado do C.R.A. visitou o Salón do Libro en Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

No Salón do Libro tiveron unha sesión de Contacontos e realizaron un recorrido a través das historias de "Romeu e Escaquis".

Resultado de imaxes para romeu e escaquisImaxe relacionada


Despois, visitaron os traballos dos colexios participantes no Salón e tamén viron o do noso centro.

RECIBEUNOS A MASCOTA
DO SALÓN DO LIBRO





CONTACONTOS DE 
"DON CABALIÑO"

A historia do cabaliño de Mar. 



Despois de rematar a visita ao Salon do Libro. 

Queda facer a visita ao Museo de Pontevedra para facer un obradoiro sobre "A Prehistoria".

Alí grazas a colaboración dos monitores descubriron unha parte moi importante da nosa historia. 
- A PREHISTORIA.




Como vivían os nosos antepasados,...

Todas as fotos sobre esta saída podedes velas na galería da páxina web do centro.

POESÍA DAS ÁRBORES FROITEIRAS

Na biblioteca de Leiro, disfrutamos dos contos coas ilustracións de Leandro Lamas.
Entre eles traballamos o libro "Versos en flor" con poemas de temática variada. Entre eles atopamos o das árbores froiteiras. 
Grazas a estas plantas os alumnos teñen unha merenda saúdable os mércores na nosa escola.

Ademáis, cada alumno buscou que letras do seu nome está no das árbores froiteiras traballadas.

INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

En Galicia, podemos atopar múltiples elementos culturais. Un dos máis importantes é a música. A nosa mestra de música trouxo moitos instrumentos cos que os nosos alumnos e alumnas se convertiron en músicos por un día.


CONCURSO DEBUXA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI

O noso alumnado participou no concurso de Debuxa unha xoia para a túa nai.
Aquí podedes ver algúns dos seus debuxos cos que participaron.


CONCURSO ARTÍSTICO DA CAMELIA DO CONCELLO DE RIBADUMIA

No mes de marzo, celebrouse en Ribadumia un concurso artístico sobre a camelia.





Na escola os alumnos e alumnas realizaron diferentes debuxos e pinturas sobre esta fermosa flor.

Aquí podedes ver as súas produccións.


Aproveitamos para darlle os parabéns a Luana da aula de Ribadumia A,
o seu debuxo gañou o segundo premio.




SEMANA DA PRENSA.

Un dos medios de comunicación moi importante é a prensa escrita (xornais, revistas, ....) para os nosos alumnos tamén.

Saber as seccións dun xornal, os tipos de xornal,... foi o obxectivo das tarefas levadas a cabo na semana da prensa.

Ademáis, eles tamén se ven reflexados neste medio de comunicación cando saen publicadas as noticias sobre a nosa escola.


DESCUBRIMOS UN ALIMENTO MOI ESPECIAL

Nicolás pola mañá trouxo na man, unha sorpresa. Tiña un oviño pequeniño con moitas manchas marróns. Que ave o poría?.




Será de Galiña, de Oca, de Pata, de Pava, de AVESTRUZ... 

Non, é de....CODORNIZ.

Aquí o podedes ver.

OS MELINDRES DÓCES TÍPICOS DE GALICIA

Recorrendo Galicia podemos degustar  múltiples dóces típicos, entre eles atopamos OS MELINDRES.
O noso alumnado despois de repasar os ingredientes necesarios para a receita e descubrir a data da festa do Melindre en Melide, xa estaban preparados para degustalos.

MERENDAMOS LÁCTEOS.

Cada luns na nosa escola o alumnado trae para merendar LÁCTEOS.
Alimento importantísimo para medrar e estar totalmente sans:
Iogures, queixo, queixo de untar, queixiños, bebibles de iogur, flan, natillas...

NACEN SETAS NA NOSA ESCOLA

Grazas á nai de Hugo chegaron as setas á nosa escola. Así que, seguimos as instruccións que nos enviaron. 





Primeiro estarán sumerxidas en auga de un día para o outro.
Ao día seguinte, quitar da auga e humedecer cun pulverizador, dúas veces ao día.
Así ata que saian.

Agora só quedaba esperar.












Regando, regando saíron as setas ostra.


E aínda seguen saíndo.
Que vos agricultores son estes nenos.



GÚSTANOS A FROITA

Os alumnos/as de Ribadumia degustaron unha froita que podemos obter facilmente en outono - inverno
Que froita será marrón por fóra e verde por dentro?. Todos todos quixeron probar.