sábado, 30 de junio de 2018

MATERIAL COMPLEMENTARIO PARA O VINDEIRO CURSO.



CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO

O 21 de Xuño celebramos o fin de curso en Sisán.
Durante a primeira parte da mañá tivemos a colaboración de KID`S&US, para agasallarnos cun contacontos en inglés "Under the sea".



Para descansar un pouco, saímos ao patio e recobramos forzas coa rica merenda que trouxeron as familias.
As familias incorporáronse á celebración.
Agora toca comezar de novo as actividades, o mago Xocas xa está preparado no Pavillón.
Que ben o pasamos, moitas grazas á Anpa por esta actividade tan divertida e máxica.
A escola de Ribadumia participou coa canción de Mamá Cabra "A miña tía".
Despois do remate das actuacións de todas as aulas a escola de Ribadumia tíña unha bonita sorpresa, a canción de Soraya "Que bonito".

Dende setembro de 2011 estiven destinada no C.R.A. de Ribadumia, era unha etapa profesional nova para min da que hoxe teño que dicir que me fixo medrar como profesional pero sobre todo como persoa.
Grazas por esta sorpresa repleta de cariño.
Recibín un cariño e colaboración enorme de toda a comunidade educativa, dende os/as mestres/as de todos estes anos, do alumnado, das familias (moitas delas varios anos seguidos), da ANPA, do concello, de fundacións e outras institucións que colaboraron co noso centro..... que sen eles a miña labor profesional non sería a mesma.
Agora en Xuño de 2018 remata a miña etapa profesional neste marabilloso centro educativo, que tanto traballa pola ensinanza de Educación Infantil no Concello de Ribadumia.


Antes referinme a todos os mestres do C.R.A. pero en especial teño que darlle GRAZAS a Marta por aportarme tanto en estes 7 anos, á miña compañeira de todos os días, que tanto me ensinou a traballar no C.R.A. un mundo novo para min.
Esta foto é a realidade dunha escola de dúas aulas que neste momento non se sabe quen é de cada mestra nin de cada aula, somos un EQUIPO. 

Para ver máis fotos da celebración preme, AQUÍ





CUMPREANOS DE VERÁN.

No meses de verán cumprirán anos Iago e Brian, por iso quixemos celebralo todos xuntos antes de rematar a escola.

Foron uns reporteiros espectaculares.




Foi unha celebración estupenda.
Parabéns aos dous.

CONTACONTOS: LIMÓN

Na escola de Ribadumia tivemos un contacontos moi especial, coa axuda da profe Marta.
O conto de Limón (ilustrado por Óscar Villán) gustounos moito. Ademáis no seu interior está baseado nunhas froitas moi ricas.
Por iso, nos gustou moito este contacontos.


Despois de contar o conto, que facer con limón, limón; unha deliciosa limonada.

Receita:
- Zume de limón.
- Auga.
- Unha culler de azucre.
Foi unha limonada fresquiña e deliciosa rematouse rapidiño.

Pero como di o conto limón, con fresas e cereixas.
Tamén nos gustaron, en Ribadumia estes nenos comen moi sano.

jueves, 7 de junio de 2018

VOLUNTARIADO MIÚDO.

Dende o día 23 de maio no C.R.A. abrimos a campaña de recollida de roupa e calzado para os máis necesitados.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CPI JULIA BECERRA MALVAR

O luns 4 de xuño, o alumnado de 5 anos do C.R.A. visitaron o CPI Julia Becerra Malvar.
O alumnado debía comezar a xornada na parada do autobús máis preto da súa escola.

Unha vez alí, o alumnado visitou a aula de infantil de 5 anos do CPI para elaborar os grupos.


Despois visitaron as aulas de primaria e a de música.

Para rematar o día un contacontos en inglés coa colaboración de KID`S &US.


VISITA AO SEMENTEIRO EN RIBADUMIA

O mércores 30 de maio, visitamos o Sementeiro da familia de Lía en Ribadumia.
Está situado a poucos metros da nosa escola.

Aprendemos moito sobre as sementes e as prantas.
Comezamos vendo como se sementa centos de prantas á vez, en moi pouco tempo.

Despois visitamos o invernadoiro onde medran todas esas prantiñas.
Visitamos outro invernadoiro pero de cultivo ecolóxico.

Para rematar, agasallaronnos cunha col e unha leituga para cada neno/a.
Moitísimas grazas por esta fermosa visita.

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

0 25 de maio, desprazáronse dende a DXT de Pontevedra varios efectivos cos seus vehículos para dar comezo un ano máis á xornada de educación vial.

Cada alumno/a trouxo patinete, bicicleta... e máis o casco, para participar nun circuito (creado no pavillón de Sisán).

Ademáis, tamén participaron nunha charla sobre seguridade vial.

Outra actividade foi "Ciclismo", coa colaboración do ciclista profesional Gustavo César Veloso.

Aparte de ensinar a súa bicicleta, roupa e calzado... tamén nos explicou as súas vivencias sobre o uso da bicicleta, medidas de seguridade....



O alumnado subíu aos vehículos da DXT, así coma ao camión da Autoescola Barrantes coa colaboración de Paco.

Despois de tanta actividade hai que repoñer folgos con unha deliciosa merenda.
Para rematar este día, teatro de marionetas do conto da DXT "Caperucita peatona y Lobo veloz".

Moitísimas grazas a todos os que colaboraron con esta actividade:
Autoescola Barrantes, DXT de Pontevedra, Concello, Gustavo César Veloso....

PALABRAS DE GALLETA.

Despois de ler o poema "Un cachiño de Bica?, experimentamos creando palabras con galletas. 



VOLUNTARIADO MIÚDO

O día 13 de maio en Ribadumia celebrouse a Feira da Familia con múltiples actividades para disfrutar dende os máis grandes aos máis pequenos do fogar. 
Na escola de Ribadumia o día 14 visitounos a familia de Xulia (unha das nosas alumnas). Esta familia acolleu o pasado verán un neno saharaui no verán. 

Explicaronnos como é a vida destas familias no Sahara, onde está este lugar, como foi o verán tendo a súa familia un novo membro.

Xoias, vestimentas, costumes....

Parabéns familia, moitas grazas pola vosa colaboración.

III CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de Maio na Carballeira en Ribadumia, a ANPA do C.R.A. de Ribadumia organizou o III Concurso das Letras Galegas.
Este ano está adicado a María Victoria Moreno.
Dende o cole o alumnado participou con produccións artísticas.






Parabéns a MARIO por resultar gañador de uns dos premios deste III Concurso.

SAÍDA Á FUNDACIÓN

O pasado 10 de maio visitamos a Sede de Afundación en Pontevedra para disfrutar da estupenda obra de títeres "Antón Comodón".



A continuación, visitamos o Café Moderno para participar nun obradoiro sobre os materiais de construcción cos que se restaurou o Café Moderno.
Así despois, cada alumno deseñou a súa habitación.