domingo, 8 de abril de 2012

CUMPREANOS DE MARZO

No mes de marzo dous dos alumnos xa se fixeron supermaiores. Alba que fixo 6 anos e Rubén que fixo 5. O último venres de mes celebramos os seus cumpres, eles fixeronnos unha torta de chocolate espectacular. Mirade, mirade, .....

Primeiro Alba mollou as galletas en leite e colocounas no molde.
Adiviñades que estaba facendo o resto da clase?

Uns tomando boa nota como podedes ver a Brais e outros ....

Bailando coa música infantil, antes de comer a torta.




Despois das galletas, haille que botalo chocolate, aí sabe Rubén como facelo.


Por último a decoración, é moi importante mirade que chula a deixaron.



A soprar as veliñas e a disfrutar todos da festa.









E A COMEEEERRRR!!!!!!




PARABÉNS ALBA E RUBÉN.

CONTO DOS TRES PORQUIÑOS EN FRANCÉS

A nosa lebre Félix está en París, e tódolos contos que escoita alí están en francés; por iso en Ribadumia tamén tamén o papá de Pablo nos contou o conto dos Tres porquiños en francés.
Benito Oubiña consigueu que todos os nosos alumnos saiban como se contan os contos en París. Por iso lle damos MOITÍSIMAS GRAZAS, por esta actividade.

Gustounos tanto que a ver se podemos repetir no que queda de curso.Aproveito  para dalas grazas aos papás e mamás de tódolos nenos e nenas pola vosa colaboración nas actividades da escola.