martes, 20 de diciembre de 2016

AULA MÓBIL DE MEDIOAMBIENTE

O venres 16 na segunda parte da mañá en Leiro, recibimos a visita dunha aula móbil de mediambiente na que os monitores a través de vídeos e actividades explicaron a necesidade de saber seleccionar e clasificar os refugallos para reciclar e coidar o medio no que vivimos.



Aproveito para darlle as grazas á concellaría de Medioambiente de Ribadumia por facer posible esta actividade no noso centro.


POSTAL DE NADAL TROQUELADA


O venres 16 de decembro en Leiro, a primeira parte da mañá tivemos o pracer de disfrutar das actividades plásticas con Cris e Noe ( á que lle damos as grazas por esta labor realizada hoxe no centro), para facer unha postal de Nadal.



 Todos colorearon, recortaron, pegaron e troquelaron cartulina.





ACTIVIDADES DE NADAL

Durante o Nadal realizar diversos adornos, actividades plásticas, elaboración do Apalpador, a árbore de Nadal.

Aquí tendes un exemplo.




SENTIDO DO OIDO

Outro dos experimentos foi co sentido do oído.

Sons graves, agudos, fortes, débiles....




SENTIDO DA VISTA

Outro sentido para experimentar é a vista. Para facer estes experimentos contamos coa axuda da profe Montse á cal lle damos moitas grazas por estas divertidísimas actividades con globos.










SENTIDO DO OLFACTO

O terceiro xoves de Novembro, descubrimos actividades para traballar o sentido do olfacto.



Despois de ver este vídeo experimentamos. Que será , será?

- Chourizo.
- Limón.
- Laranxa.



Que ocurre se polo ule mal cando como algo moi rico?
Pasamos un obradoiro de experiencias superdivertido.

jueves, 10 de noviembre de 2016

SENTIDO DO GUSTO

Hoxe en Leiro, experimentamos con outro sentido o "Gusto".

Primeiro informámonos sobre este sentido.


Despois probamos, probamos e probamos, Doce, Salgado, Ácido e Amargo.













Ata a semana vindeira, seguiremos experimentando.
Que sentido tocará....

SENTIDO DO TACTO

O mes de novembro é o mes da Ciencia e por iso no C.R.A. programamos obradoiros de experimento e actividades basados nos sentidos.

A nosa aula comezamos o Xoves día 3 de novembro co SENTIDO DO TACTO.

Aqui tendes os nosos descubrimentos.








Para rematar este obradoiro vimos un vídeo de como convertir un ovo, nun ovo de "goma" que bota.


  


CUMPREANOS DE OUTUBRO

O 26 de outubro, celebramos o cumpreanos de Xulia; cumpriu 3 anos.
Elaborou unha riquísima torta de chocolate na compaña de Uriel e Lois de Ribadumia B que tamén estiveron en outubro de cumpreanos.






Preparada para soprar as velas








Non quedou nin un anaquiño do boa que estaba.

Despois con gusanitos, pelotazos e patacas fritas  completamos a celebración.








Parabéns Xulia!!!!