miércoles, 26 de abril de 2017

CELEBRACIÓN DO MAIOS

O luns 24 de Abril en Leiro, realizamos a celebración dos maios. Na primeira parte da mañá o alumnado realizou varios obradoiros. Un de plástica e outro de cadenetas de pampullos.


Na segunda parte da mañá e coa compañía das familias xa puidemos cantarlle ao maio. Nesta actividade temos que darlle as grazas á ANPA do C.R.A. por agasallarnos cun grupo de  música tradicional galega.

Ademáis da música, a ANPA tamén agasallou con unha planta de flor vermella a cada alumno por ser o día do libro o domingo 23.

O martes 25 A Voz de Galicia publicou a nosa actividade.
CELEBRACIÓN DOS MAIOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario