miércoles, 14 de marzo de 2012

SAÍDA AO SALÓN DO LIBRO

Este luns 12, visitamos en Pontevedra o Salón do Libro. Unha saída entretida e divertida.
Ao chegar visitamos unha contacontos, contoumos dous contos: Un deles foi a avoa e o pan con mel.





No conto tivemos que axudarlle como tivo que facer Rubén e Pablo ( convertido en Zampón).


E coa axuda dos nenos e nenas acabou o conto.



Logo fomos ver os traballos dos colexios para o salón do libro: "SUPERTICIÓNS 12+1". Alí tamén estaba o noso unha escaleira moi fermosa.




Tamén visitamos o rincón dos trebos ( tocamos os de 4 follas, para ter moita sorte)



De súpeto veu a saudarnos ORBIL, a mascota do salón do libro.
Ademáis entramos no recuncho da meiga. un lugar cheo de encanto e misterio.



Cantos libros de maxia tiña a meiga.

Seguimos o camiño polo salón e miramos  obxectos para protexernos do medo e da mala sorte ou da maxia da meiga e sobre todo do recuncho da Santa Compaña. As "Figas", hainas grandes, pequenas en forma de colgante, ...








E para rematala visita pasamos por debaixo dun gato negro pero saíndo primeiro co pé dereito para ter sorte.





Rematada a visita fixemos unha foto de todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario