miércoles, 10 de octubre de 2018

Cousiñas que imos facendo!

Boas tardes a todos familias!!

Nestes primeiros días de colexio fixemos moitas cousas.

Traballamos o nome propio e clasificámolos en función da inicial e compuxémolo con letras móviles...








Xogamos de xeito individual coas bandexas. Con éstas  desenvolvemos destrezas motoras finas, coordinación, prensión...e teñen un forte componente lúdico.




Esta semana tamén nos descalzamos e xogamos a clasificar os nosos zapatos en función da cor, do número de pé e contamos cantos tiñamos en cada un dos conxuntos.





Tamén clasificamos obxectos da aula en función das cores e fixemos o conteo.





Coa chegada do outono, fixemos una asemblea onde falamos dos cambios máis significativos que podíamos ver na nosa contorna e observamos froitos e follas das árbores máis características da mesma.


Se atopades algún destes elementos nun bo paseo de outono en familia estamos encantados de que os traiades a aula.

E para rematar, hoxe fixemos una actividade ben divertida!!!. Coa teima de facer as nosas normas de aula, e tras consensualas nunha asamblea, pasamos a estampalas en papel, para que queden á vista e recordalas con maior facilidade. Para iso, con colorante alimenticio e espuma de afeitar fixemos os fondos onde irán recollidas as  normas. Así de ben o pasamos facéndoas!!














No hay comentarios:

Publicar un comentario