martes, 23 de octubre de 2018

O samaín

Chega o samaín e con él as cabazas, bruxas, pantasmas… e na escola non podíamos deixar pasar esta época tan máxica para explicar as orixes deste festa popular galega e de traballar una emoción tan complexa como os medos.



Coa axuda do conto "O noso Samaín" da editorial Galaxia, aprendemos que o Samaín e una festa que comezou a celebrarse en Galicia cos Celtas. Éstes festexaban que a recolleita dos productos da horta se fixera e remataba o verán. Neste día, o 31 de outubro, pensaban cas ánimas dos defuntos baixaban do alén para visitar as casas dos seus familiares, e para que no se perderan, con calacús e candelas, guiábanos e deixaban nas portas das casas doces e víveres.

Unha vez coñecida a orixe desta festa pagana, pasamos a falar de que eran os medos, cando o tiñamos (cando nos dan sustos, cando quedamos sólos na casa...), se era bo ter medo (claro que sí, xa que nos protexe dos peligros) se todos os medos eran reais e cómo nos sentimos cando temos medo (temblamos, nos abrazamos, agachámonos, gritamos e corremos).

Coa axuda do conto "Fiz, o coleccionista de Medos" cada neno e nena debuxou os seus medos, co obxectivo de metelos, ao igual que él,  nun baúl e pode ir superándoos.


e así de chulos quedaron os nosos medos!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario