jueves, 10 de marzo de 2016

SAÍDA Á CONSERVEIRA E AOS BOMBEIROS

O 9 de Marzo desprazámonos ata a Conserveira de Cambados en Barrantes, onde nos acercaron aos productos do mar.

Aquí podedes ver que fixemos e como discorreu a visita.












Agradecer enormemente o trato que nos mostraron en Conservas de Cambados.

Xa rematamos a visita na conserveira e despois de coller forzas coa Merenda imos ata Bombeiros do Salnés para ver como fan a súa importantísima labor.












Agradecer tamén aos bombeiros a atención e colaboración prestada nesta visita. 
Nas dúas aprendemos moito.


viernes, 12 de febrero de 2016

ENTROIDO


A primeira semana de febreiro o MECO ordeounos vir cada día dunha forma especial ao colexio. Aquí podedes ver que guapos e guapas estivemos toda a semana do entroido.








DESPOIS DESTE ENTRANTE NO ENTROIDO CHEGAMOS AO DÍA 5 DE FEBREIRO

O venres a Casa da Cultura de Ribadumia acolleunos para celebrar o Entroido. Alí entre cancións e obradoiros discorreu a mañá.








Ao remate dos obradoiros descansamos un pouco no patio, aproveitando o bo tempo.



Ao entrar de novo, esperábamos unha estupenda merenda agasallada polas familias a que puideron asistir os pais e nais dos alumnos/as.




Xa repuxemos forzas, así que a DISFRAZARSE...

O día estivo fermoso para saír a dar un paseo polos arredores da casa da Cultura





lunes, 1 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ

Este ano o día da Paz en Ribadumia adicámolo a MALALA. Unha nena que loita porque tódalas nenas do mundo poidan ir á escola e ter un futuro.



martes, 26 de enero de 2016

CANARIAS

O segundo trimestre a nosa Mascota Zapatocas estivo visitando Canarias e con él aprendemos un montón de cousas.




viernes, 15 de enero de 2016

POSTAIS DE NADAL

Este Nadal participamos  no Concurso de Postais do Concello de Ribadumia.

Temos grandes artistas que fan obras de arte coma estas.











Este ano a gañadora de Educación Infantil foi Lucía, alumna da aula de Ribadumia B. Parabéns a ela e tamén as felicitacións ao resto do alumnado polo esforzo na súa participación.

lunes, 11 de enero de 2016

CUMPREANOS DE DECEMBRO

En Decembro cumpriron 3 estupendos anos, para celebralo realizaron unha torta de chocolate.







PARABÉNS!!!