domingo, 10 de junio de 2012

SEMENTAR SEMENTAREI


Xa pasou o mes de Maio e con el o mes de sementar o millo. En Ribadumia tamén sementamos.
Os agricultores sementan o millo para ter alimento para os seus animais, ou para facer fariña para cociñar, para que sementaremos os nenos e nenas desta escola?
Pois para ter unha clase de millo que lles gusta a case todos os nenos e nenas. As "PALOMITAS".
Non podían crer que dun gran saíra unha pranta coa súa raíz e talo, así que observamos durante varios días os grans e mirade como:
EMPREGAMOS BOTES DE LÁCTEOS, ALGODON, MILLO E AUGA.
Colocaron o algodón no fondo do bote.

    O millo encima do algodón.
Tapárono con outra capa de algodón           











                                                        

Pasados uns días xa tiña raíz e como o millo non pode estar só en auga e algodón puxéronlle terra.















No hay comentarios:

Publicar un comentario