lunes, 6 de julio de 2015

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 19 de Xuño en Sisán celebramos o festival fin de curso con tódolos nenos/as do Cra.

No pavillón de Sisán distribuimos diferentes xogos que o alumnado realizou por grupos.                


                 










  Picas, conos, colchonetas, aros, patinete ...


DIVERTIDÍSIMO!!










Para despedir o curso que mellor maneira que darlle a benvida ao VERÁN.

FELIZ VERÁN!!










Pegamento, papeis de revistas e de distintas cores fan que o mural quede espectacular.








       



Por parellas, sen axuda das mans hai que levar á pelota ata a canasta e encestar.


Parece unha labor sinxela, pero non o é. 
Aínda que os nosos pequenos deportistas si que o conseguiron.








Atención, atención foi o que precisaron para poder sentar dentro dun aro cando parou a música. 
Se quedan sin aro toca descansar.













Ao remate dos obradoiros, unha nena moi especial e a súa nai querían contar unha historia moi especial en INGLÉS, grazas á colaboración de KIDS&US.
                                                                                                



GINA Ginger, quere celebrar o seu cumpreanos.

Despois de varios impedimentos por fin pode celebralo pero, os seus amigos non poden asistir.




  




Os nenos e nenas do Cra axudan a Gina na súa celebración.




HAPPY BIRTHDAY

GINA GINGER!!!






Cando rematou este contacontos tan divertido, os membros da directiva da ANPA así coma os familiares dos nenos agasalláronnos cunha riquísima merenda, na que non faltaba de nada. MOITAS GRAZAS.

Xa collemos folgos, para converternos en grandes artistas e cantar e bailar.     
                                      A saúde é moi importante, por iso, dende as aulas de Ribadumia nos convertimos en doutores e doutoras para amañar problemas de sentimentos cantando e bailando:
 "A RUMBA
 DAS 
APERTAS"

DESEXAMOS QUE VOS GUSTARA ESTA CELEBRACIÓN QUE A MAIOR PARTE DAS FAMILIAS PUIDESTES CELEBRAR COS VOSOS NENOS/AS.

BO VERÁN!!!!


                                                                          
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario