O día de hoxe realizamos en Leiro unha xornada educativa moi especial, grazas á colaboración do CSIC e da conserveira CERMAR.
Desenvolvéronse varios obradoiros ao longo de toda a mañá.
Obradoiro "A ciencia a pé de praia" con Luísa Martínez, científica do Instituto de Investigacións Mariñas.
Nel o alumnado tocou, veu, uliu os seres vivos, inertes, lixo e curiosidades que poden habitar no mar e praias.
Ovos de Tiburón Galego
Temos que ter coidado con deixar olvidado na praia xoguetes, prendas de roupa, envoltorios... aínda que pasen moitos moitos anos seguirán facéndolle dano á fauna marina.
Obradoiro "A ciencia levámola dentro" con Nieves do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG).
Neste obradoiro, descubrimos como estudian as especies das plantas, como xerminan e medran plantas novas, a importancia do estudo das mesmas... como se alimentan, as follas, os froitos das árbores, a cortiza...
Obradoiro de peixe. Dende a conserveira CERMAR actividade centrada na importancia de comer peixe, como se elaboran as conservas en xeral e máis concretamente o Atún.
Esta conserveira creou un producto "Pequetún" para nenos e nenas (conserva de atún para os máis pequenos).
Tamén realizaron unha unidade didáctica sobre os peixes e conservas.
Obradoiro de plástica: Creación dun TAUMATROPO.
Realizamos un Taumatro de peixe, é unha ilusión óptica.
Tendo unha imaxe por cada lado do círculo co movemento unha imaxe superpón a outra tendo a sensación de movemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario