Como ben sabedes, este ano os nenos/as dedicaron parte do seu tempo a un proxecto sobre os nosos maiores para valorar a súa importancia nas nosas vidas.
Na escola de Ribadumia agradounos recibir a axuda dun dos nosos maiores, o avó de Lois, Pepe, que tivo a xentileza de pintar o muro do noso cole deixándoo precioso. Sentiámonos todos/as moi agradecidos/as, así que decidimos prepararlle un agasallo entre as aulas A e B de Ribadumia: fixémoslle un retraro moi colorido, e tamén pintamos uns debuxos sobre as cousas que lle gustan ao avó Pepe e encadernámolos para facerlle un libro.
Hai uns días o avó Pepe achegouse ata o cole de Ribadumia, onde os nenos/as lle deron os regaliños.
A profe Marta encargouse de escribir un poema sobre a súa vida, que nos leu o avó Pepe durante a súa visita.
Grazas aos avoíños pola súa dedicación e axuda, e grazas especialmente a Pepe por ese muro tan alegre. Volve cando gustes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario