PARA DAR COMEZO A ESTE MES TAN ESPECIAL CHEGOU A AULA O NOSO CALENDARIO DE ADVIENTO. É UN CALENDARIO UN POUCO PECULIAR XA QUE, ADEMAIS DE ESTAR FEITO CON MATERIAL RECICLADO, CADA DÍA NOS PROPÓN UNHA ACTIVIDADE NAVIDEÑA PARA FACER TODOS XUNTOS.
O PRIMEIRO DÍA A ENCARGADA BUSCOU O NÚMERO DA CAIXIÑA QUE TOCABA E COLLEU A NOTA QUE ESTABA DENTRO, E PARA A NOSA SORPRESA DECÍA QUE TIÑAMOS QUE DECORAR A AULA XA QUE PRONTO CHEGA O NADAL.
E ENTRE ADORNO E ADORNO XURDIU UN PROBLEMA, ¿ONDE OS COLOCAMOS? COMO NON HABÍA UN CONSENSO...TOCOU VOTAR.
ESTE CALENDARIO SÓ NOS PROPÓN ACTIVIDADES CHULAS E O SEGUINTE DÍA TOCOU ESCOITAR UN CONTO DE NADAL MOI BONITO NO QUE ATA VIMOS A PAPA NOEL
E AÍNDA TEMOS MÁIS ENCARGOS DO NOSO CALENDARIO PERO NON PODO DESVELAR MÁIS XA QUE PRONTO O VEREDES NA CASA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario