lunes, 20 de enero de 2020

QUEDAMOS DE XEO!

HOXE AO CHEGAR Á ESCOLAATOPAMOS OS NOSOS ANIMAIS DE INVERNO ATRAPADOS BAIXO O XEO...QUE PASARÍA?
FOI UNHA GRAN SORPRESA PARA OS NENOS E NENAS. HOXE AO CHEGAR TIÑAN UN AMBIENTE DE TRABALLO PREPARADO NO QUE DEBERÍAN SALVAR AOS NOSOS ANIMAIS.




FIXEMOS TRES GRUPOS HETEROXÉNEOS CUN OBXECTIVO COMÚN: LIBERAR AOS ANIMAIS!
PARA ISTO CONTABAN CON AUGA QUENTE, SAL, PIPETAS, CULLERES E OUTROS UTENSILIOS. 
PRONTO SE PUXERON MANS Á OBRA:

 

 

 

 

MENTRES LIBERABAN AOS ANIMAIS TRABALLARON A MOTRICIDADE FINA, CONCENTRACIÓN, PRENSIÓN, COORDINACIÓN VISO-MOTRIZ, COOPERACIÓN, TRABALLO EN EQUIPO... E ADEMAIS TAMÉN XESTIONARON CONFLICTOS, ESPERARON QUENDAS PARA USAR OS UTENSILIOS E FALARON PARA PORSE DE ACORDO.
E O MÁIS IMPORTANTE É QUE  XA TEMOS OS NOSOS ANIMAIS LIBRES!



No hay comentarios:

Publicar un comentario